BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


Curriculum

 Licenciada na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela , en Historia da Arte Moderna e Contemporánea e Licenciada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, rama de Pintura, posúe asimesmo a diplomatura en Maxisterio na rama de Humanidades e ten realizado os cursos de doutorado na UNED en Madrid.
  Realiza diversos cursos tanto sobre a práxis pictórica como sobre a historia da arte e cursos sobre narrativa, polo que a súa formación abrangue diversos aspectos vinculados a arte asemade das artes plásticas, como a literatura, o guión cinematográfico, a fotografía e a teoría da arte, entre os que cabería salientar: Curso sobre Escultura Contemporánea, Cursos de Verano, Soutomaior, Curso sobre "Mitos de fin de siglo". Cursos de verano da Universidade de Vigo. Vigo, Taller de pintura "Pablo Ruíz Picasso", dirixido por Juan Genovés.UNIÓN FENOSA. A Coruña,Curso da Universidad Internacional Menéndez Pelayo. Taller de Pintura: “Hablando con las brochas. Conversaciones desde la pintura”, dirixido por Victoria Civera y Juan Uslé. Santander,Taller de Pintura “Pablo Ruíz Picasso”, impartido por Soledad Sevilla. MACUF. A Coruña, Taller sobre debuxo MANGA. Museo MARCO. Vigo,Taller de Fotografía, impartido por Isabel Muñoz. MACUF. A Coruña, I, II, III, e IV Taller Literario para Narradoras en Lingua Gallega, Vigo,“De lo desconocido a lo desconocido”.Taller literario impartido por Manuel Rivas. UIMP. Santander. Asimesmo realiza o Curso de Extensión Universitaria "O Prezo da Arte" en Vig oe "Gestalt, corpo e arte: unha mirada interdisciplinar" na Facultad de BBAA, en Pontevedra e diversos cursos de metodoloxía didáctica.
 A súa proposta como artista plástica céntrase en aspectos vinculados a estética feminista desde o comenzo deste milenio, en obras de carácter multidisciplinar, que abranguen desde o grabado e a fotografía manipulada até o vídeo e as instalacións, e na que a literatura –tanto no seu aspecto narrátivo como poético- está moi presente.
  No seu curriculo atópanse diversas exposicións individuais . 
 2014. Low Cost. Sala de exposicións do BBVA. Vigo. 2012. Suxeito-Obxecto. Alcaldía. Concello de Vigo. 2009. O bosque mariño. Galería Borrón 4. Cambados. 2008. A muller árbore. Galería María Prego. Vigo. 2004. A fuxida. Galería Espacio 48. Santiago de Compostela. 2002. Ut pictura poesis. (xunto á poetisa Ledicia Costas). Igrexa da Universidade, Santiago de Compostela. 2001. Recuerdos de la piel. Sala de Exposiciones de la UNED. Barbastro. Huesca. Recordos da piel. Galería Bacelos, Vigo. 1999. Cousas Transparentes, Galería Bacelos, Vigo. 1998. Xeometrías Imposibles, Colexio de Arquitectos, Vigo. 1993. Grabados, na Casa del Pueblo, Vigo- tanto en Galicia como en España, unha morea de colectivas e diversos premios, e a súa obra atópase en diversas coleccións tanto institucionais como privadas. Asimesmo participa en diversas ferias de arte de carácter internacional como ARCO e ARTE LISBOA durante diversos anos ata a actualidade, con diversas galerias e proxectos como a revista obxectual LALATA, na que participa desde o ano 2006.
 No ano 2008, ilustra para a Editorial Galaxia a obra O CAN QUE CAEU NO TINTEIRO , do escritor Xavier Soane e no ano 2002, un poema de Manuel Forcadela, no libro ”O trazo aberto”. Ten colabourado con artigos sobre historia da arte –centrándose en mulleres artistas- con revistas como GRIAL e A FESTA DA PALABRA e ten comisariado diversas exposicións, participando asimesmo na elabouración dos catálogos e dos textos. A súa actividade na colaboura en revistas tanto de arte como literarias con diversos artigos, ven desde os anos noventa: con textos sobre artistas galegos contemporáneos na "Enciclopedia Galega Universal" da Editorial Ir Indo e participa na elabouración do libro Branco das Artes plásticas do Consello da Cultura Galega, na sección de Artes plásticas.
 A súa actividade literaria centrase na publicación de contos, no ano 1999 na Revista "Festa da Palabra silenciada", nº 15, con "O soldado Klaus", así como no número 17, “O mar salgado” e coa aparición no ano 2000, do relato: "Ela" na colección sobre mulleres narradoras "ABISMOS" da editorial Xerais. Coa Editorial ACUMÁN ten publicado os contos: Vicio (2002), Soñando (2003) e Cayendo(2004). Como narradora publica o seu primeiro libro de relatos, NA DERRUBA, con la editorial Ir Indo. E coma poetisa, participa en OS POETAS DE VIGO CANTAN A POESÍA, de Edicións Cardeñoso.
  Na actualidade, pertence a dúos grupos de artistas con diversos proxectos, GRUPO 20 e 8 VISUAL, formado o último por artistas de diversos lugares de España e de carácter multidisplinar. Traballa como profesora de Pintura na EMAO, en Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario