BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 29 de mayo de 2016

MULLERES SURREALISTAS: TOYEN


Fotografía da artista de 1939

  María Germinova (1902-1980) coñecida como Toyen, estuda na Escola de Artes Aplicadas de Praga desde o ano 1919 ata o 1920. Pouco sábese da súa nenez e adolescencia, pois evitaba falar deses periodos da súa vida. No ano 1922 coñece ao pintor Jindrich Styrsky, con que tivo unha longa colaboración artística e persoal, sobre todo porque durante os vinte anos que traballaron en colaboración fixeron obras nas que é difícil facer unha atribución real, aínda que nunca realizaron un cadro en común. As súas obras complementanse, tanto no plano formal como no expresivo. En Praga e relacionase con grupos anarquisas e comunistas, desde o ano 1920, e forma parte do grupo de vangarda DEVETSIL, grupo co que expón en 1923, e no que converxen tendencias do cubismo, expresionismo e a abstracción. Nese ano 1923, cambia o seu nome real polo de Toyen. Parece ser que este cambio ten a súa orixe na intención da artista de reivindicar a súa paridade cos homes tanto no plano artístico como no persoal, de ahí que abrevie a palabra “CITOYEN”, que significa cidadán en francés. Esta elección dun pseudónimo de xénero ambigüo era bastante común entre as mulleres artistas que, como no caso de Claude Cahun -Lucy Schwob-, exploraban a súa propia identidade. No caso de Toyén esta elección acompañábase co costume de referirse a sí mesma empregando o xénero masculino así como o emprego de ropa de home.


A mesa da cociña. 1929


Bodegón con servilleta. 1929

 O seus coñecementos e a súa tendencia anarquista leváronna a traducir ao checo a escritores como: Rimbaud, Lautréamont e Guillaume Apolinaire. Neses anos a pintura de Toyen estaba perto da abstracción con temas que estiveron sempre presente nasúa estética: a anguria e o sixilo.
 En 1925 Stirsky e Toyen trasladáronse a París, onde desenvolveron o "Artifiacialismo" e participaron en diversas exposicións colectivas e individuais. Durante eses anos, Toyen ilustrou varios libros e revistas, con debuxos que teñen unha forte carga erótica, como os realizados para unha edición de “Justine”, do Marqués de Sade, do Heptameron, ou as súas colaboracións na Eroticka Revue.


A rapaza e o violín. 1931


Composición. 1931


Composición. 1931 

 Retorna a  Praga tres anos máis tarde, momento clave na súa estética pois da un xiro ata o surrealismo. En 1934 foi fundadora xunto con outras artistas do núcleo surrealista de Praga, e apoiada por Bretón, de quen convírtese en gran amiga, participa nas mostras máis internacionais do grupo en: Tenerife (1935), Londres (1936), Tokio (1937), París (1938) e Amsterdam (1938), con pezas sinxelas, cheas de melancólica poesía, pero que conseguen unir a “alusión figurativa e a potencia suxeridora do pictórico puro”, en palabras de Gladys Villegas Morales.
  

A mensaxe do bosque. Óleo. 1936


Horror. 1937

 As súas obras teñen como tema o corpo humano e en especial a relacións entre o corpo e a natureza. A guerra reflíctese na soidade das súas figuras, nas valeiras construccións con paxaros mortos, nas ruinas arquitectónicas, nos troncos das árbores espidas en espazos desolados e na fragmentación do corpo. Desde o ano 1939 e durante os catro anos que durou a invasión nazi en Checoslovaquia, ocultouse no baño da súa casa. Ao traballar según o réxime nazi nunha "arte dexenerada", se viu obrigada a crear na clandestinidade, sen posibilidade de presentar as súas obras en público. O fin da guerra non significou para Toyén e os seus amigos mais que unha liberdade temporal, xa que os comunistas en Checoslovaquia preparábanse a tomar o poder, polo que no ano 1947 exiliouse a París, coa autorización de expatriar a obra de Stirsky e a súa propia e acompañada polo poeta checo Jindrich Heisler, a quen agochou durante a ocupación nazi, morto Stirsky no ano 1942. En París voltou a unirse ao grupo surrealista, expoñendo con eles en París e Praga no ano 1947. Nunca voltou ao seu país.


Entre as longas sombras. Óleo. 1943


A guerra. 1945


Na noite soan berros. 1955

 Desde entón expuso con regularidade na capital francesa ata que no ano 1982, o Centre Georges Pompidou organizoulle unha retrospectiva da súa obra moi importante, con posterioridade no ano 2005, realizouse unha película sobre a súa vida “Toyen”, dirixida e escrita por Jan Nemec.

 Trala morte de Breton, en 1966, Toyen instalouse, invitada por Elisa Breton, no estudo da rue Fontaine. De carácter introvertido, a artista sentiuse afectada pola disolución do grupo surrealista e só mantivo o contacto cuns escasos amigos.


Paravent. 1966

 Morreu en París, en 1980, sendo enterrada no cemiterio de Batignolles, onde tamén se atopan as tumbas de Heisler, Benjamin Péret e André Breton.

Na rede mais información sobre a  artista:
 No PHOTOPEACH, mais obras da artista.

TOYEN on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario