BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


martes, 10 de mayo de 2016

MULLERES SURREALISTAS: DOROTHEA TANNING (PARTE III)


Dorothea fotografiada por Sylvia Plachi. 2001

A morte do seu home en 1976 levouna a lanzarse a outro cambio profesional. Non deixou a pintura, mais nos 80 recolocou o seu estudo e a súa casa en Nova York onde continuou pintando e debuxando e facendo collages. Pese a todo e como ocorría con outras tantas mulleres ligadas ao surrealismo, falar pouco non significaba nin moito menos non ter que dicir: moi ao contrario. Nacida nun lugar tan puritano como Illinois, sempre estivo disposta a cultivar a súa fantasía co apoio da súa nai, que impulsou as carreiras artísticas e creativas das fillas. A través de lecturas de autores como Oscar Wilde, Lewis Carroll ou Hans Christian Andersen, Tanning loitara desde nena contra o claustrofóbico. Quizais fose esa paixón pola literatura a que, nas últimas décadas da súa vida, leva á creadora a compaxinar a pintura coa poesía ata moi pouco antes de morrer: pouco antes do seu falecemento publicou a súa última obra, “Coming of that”, sobre todo porque non lle gustaba ser recordada como unha "pintora surrealista", algo que lle facía sentirse como "un fósil" entre outras cousas, porque para ela o movemento termina nos cincuenta; e de feito a partir desa década fai obras de carácter máis abstracto.


Golpeando forte. 1981


Asiento primitivo. 1982

 "Os soños que un le nos libros están compostos por símbolos coñecidos, pero é o estraño dos soños o que os distingue", escribiu.

 Dorothea chanceaba chamándose “a máis vella dos novos poetas emerxentes”, mais antes de traballar na poesía, en 1986 publicou a súa primeira autobiografía “Birthday e no 2001 lanzou outra máis desenvolvida, “Between Lives: An Artist and Her World”. No 2004 publicouse o seu primeiro libro de poemas, “A table of contents”, e a súa novela curta “Chasm: A Weekend”. Os seus últimos anos de vida dedicounos á poesía e non pasou desapercibido o seu talento. Os seus poemas apareceron en revistas como The Yale Review, The Paris Review, The New Yoker e Poetry. Este  interese pola poesía levouna en 1994 a facer un legado á Academia de Poetas Americanos e creou o premio anual Wallace Stevens.
 O seu traballo como artista plástica, foi recoñecido internacionalmente e exhibiu as súas obras en importantes museos. En 1974 o Centre National d´Art Contemporain (que pasaría a ser o Centro Georges Pompidou en 1977) organizou unha retrospectiva da súa traxectoria artística. O museo sueco Malmö Konsthall  e o Candem Arts Centre de Londres faríano en 1993. O Philadelphia Museum of Art dedicou a exposición “Birthday and Beyond” no 2000 ao seu traballo para celebrar a adquisición da súa autorretrato “Birthday”.


Entre vidas. 1989


Enciclopedia V. Collage. 1990-1995


S/T. Tinta sobre papel. 1993


Familia con valores. Graffito sobre papel. 1993

 Foi a última surrealista, morrendo en Nova Yorke, á idade de 101 anos, o 31 de xaneiro de 2012. A súa obra está dotada dunha gran forza na cor, na imaxinación, en certo simbolismo e noutros detalles, que impulsan dalgunha forma a quen mira a pensar que algo máis hai detrás de cada unha das súas obras nos seus primeiros cadros, mais logo, Dorothea fixo xoias, esculturas en materiais insólitos, e a súa obra pictórica está chea a partir dos anos 60, de formas que dilúense case abstractas, realiza tamén collages para finalmente nos anos 90 flores de factura moi solta en óleo, que  acompañan poesías.


Flagrantis speculum veneris (Loveknot). Óleo. 1997


Zephirium apochripholiae (Windwort).Óleo.1997


Convolotus alchemelia (Quiet-willow window) Óleo.1998

BIBLIOGRAFÍA

Marián L.F.Cao: Creación artística y mujeres. Recuperar la memoria. Narcea. Madrid, 2000
Chadwick, Whitney:  “Mujer, arte y Sociedad”. Ed. Destino. Barcelona. 1999
Thomas, Karin: Estilos de las artes plásticas en el siglo XX. Hasta Hoy. Ed. Del Serbal. Barcelona. 1988
VVAA: “AMAZONAS del Arte Nuevo”. Catálogo Fundación MAPHRE. Madrid. 2008
VVAA: Women Artist. Taschen.(Editado por Uta Grosenick, Colonia) 2001

Tanning na rede:


DOROTHEA TANNING on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario