BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


lunes, 9 de mayo de 2016

MULLERES SURREALISTAS: DOROTHEA TANNING (PARTE II)


 Dorothea Tanning e Max Ernst viviron en Estados Unidos ata 1949, ano no que se marcharon a Francia. En Francia pasábana tempadas en París, ou na Provenza. Nos 50 o seu traballo cambiou. Afastouse do surrealismo e as súas pinturas comezaron a ser fragmentadas e prismáticas, de feito a mediados da década de 1950 as súas pinturas trasladáronse a un estilo semi-abstracto, nas que podemos ver misteriosa imaxes eróticas ou violentas envoltas en néboa. A mediados dos 50 deixa ao carón a liña narrativa e a meticulosidad surrealista para dedicarse ás súas pinturas “Prismas” como ela chamábaas. Máis adiante esas novas pinturas pasarían a ser coñecidas como “Insomnios”. Neses lenzos corpos e partes do corpo e caras pouco reconocibles flotan no cadro xunto con formas biomórficas, creando lugares de ensoño.


The guest room. 1950


Sillas musicais. 1951

 Era un momento de cambio na súa traxectoria profesional. Tanning cortou co que fixera antes, aínda que os seus traballos seguirían gardando un parecido co surrealismo do que foi protagonista. Trataba de afastarse do surrealismo e achegarse a outros estilos de pintura. Pero, ademais, buscaba novas formas de expresión artística que atopou no gravado, a escultura e a poesía. En 1957 múdanse definitivamente a Francia, fuxindo das leis de McCarthy que negaban a cidadanía estadounidense a Max Ersnt, que era alemán.


Sábado pola tarde. 1953


Espida durmida.1954

 Na década de 1969 creou as coñecidas como as súas esculturas brandas, realizadas cunha máquina de coser. Na década dos 60 os traballos de Dorothea Tanning eran abstractos, suxerindo formas femininas. Tamén traballou como grabadora nos talleres de Georges Visat e Pierre Chave. Ademais, axudou facendo os gravados dos libros ilustrados dalgúns amigos poetas, como Lena Leclerq e André Pieyre de Mandiargues. Nos 60 e 70 expón principalmente na galería Alexandre Iolas en Nova York e tamén por toda Europa. Tamén realizou xoias en ouro, que son como pequenas esculturas.


Estudo para Curmáns. 1970


Curmáns. Acero, la, e pel sintética. 1970


Enma. Tea, la e corda.1970


Canapé en días de choiva. 1970


Groucho.1966


Coeur.1966


Katchina. 1966

 Como comentamos antes de 1969 a 1973 adicouse á escultura feita con materiais brandos. Cinco das súas esculturas alcanzan a consideración de  de instalación e conforman "Hôtel du Pavot, Chambre 202” (1970-1973), que se atopa dentro de colección permanente do Musée National d´Art Moderne no Centro de Arte Georges Pompidou. Na instalación dous corpos saen, literalmente, polas paredes da habitación e os mobles se metamorfosean en seres indefinidos,  como as distintas formas empregadas polas artistas para construír a súa identidade e a súa propia biografía.


Instalacción no "Hôtel du Pavot, Chambre 202”.


Mesa tráxica. 1970-1073. Parte da instalación.

 Max Ernst morreu o 1 de abril de 1976. Entón Dorothea Tanning retorna a Estados Unidos. 


Noite en Sedona.1976


Tango lives.1977


Stanza. 1978


No hay comentarios:

Publicar un comentario