BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 17 de abril de 2016

MULLERES SURREALISTAS: DOROTHEA TANNING (PARTE I)

«Todo o que se fai é autobiográfico. Con todo, un dos obxectivos de pintar era, para min, escapar á miña biografía».


Dorothea Tanning



 Nacida en Illinois, Estados Unidos, o 25 de agosto de 1910, Dorothea  foi pintora, escritora, ilustradora, escultora, diseñadora de decorados e vestuario teatral e de ballet e ademais ilustradora de libros, así como unha das representantes máis importantes do surrealismo na segunda metade do século XX. Lectora voraz, visitou museos e comezou a pintar sen formación, pois era autodidacta. Mais como estaba tan interesada na arte, e aínda que aos seus pais preocupáballes que se convertese nunha bohemia, en 1928 empezou a estudar no Knox College, ata que no 1930 marcha e instálase en Chicago durante varios anos. Alí completou os seus estudos de arte asistindo ao Instituto de Arte de Chicago. Inicialmente traballou como bibliotecaria, estudou na universidade de Knox e máis tarde para axudarse nos estudos en Nova York, empregouse como artista comercial e outros traballos relacionados coas artes. Traballa as súas pinturas,  cunha factura minuciosa e pinta as ilusións de nenas agraciadas e vanidosas, mentres se mantiña económicamente como artista comercial. Co tempo a súa pintura se fixo máis alusiva, describindo de xeito confuso as cambiantes formas da sensualidade. As súas primeiras obras están dentro da figuración onírica, enigmáticos e ao parecer inspiradas principalmente polas fantasías e pesadelos infantís.



Tango.1939


Deirdre.1940


Voltage. 1942

 No ano 1936 asistiu a unha exhibición de “Arte Fantástica, Dadá e surrealismo” no MOMA de Nova York que lle causou un forte impacto, tanto, que decidiu trasladarse a París logo de acadar cartas de presentación para destacados membros das vanguardias artísticas, como Max Ernst, Yves Tanguy e Chaïm Soutine, entre outros. Con todo, ironías do destino, atoparía París baleiro. Era o ano 1939 e moitos intelectuais europeos fuxiran dun continente a piques de estalar cara a Estados Unidos. Tras chamar a varias portas sen éxito, trasladouse a casa da súa familia paterna en Suecia, onde permanecería facendo retratos da familia ata o estalido da Segunda Guerra Mundial. Ao seu retorno a Nova York, empezou a traballar co marchante e amigo dos surrealistas Julian Levy, en cuxa coñecida galería expuxo algunhas das súas obras que, xa por aqueles primeiros corenta, empezaban a adoptar esas formas surrealizantes que caracterizarían a súa carreira posterior.


Aniversario. 1942

De feito, en 1942 pintou un dos seus cadros máis coñecidos, “Aniversario”, un curioso autorretrato no cal, vestida cun atuendo teatral que deixa parte do seu corpo ao descuberto, aparece nun espazo de ensueño, portas que se abren ao infinito. Aniñado aos seus pés, un animal con significacións teosóficas recórdanos o interese da artista polo inasible: "Os meus soños", escribía anos despois, "xorden de obxectos que non teñen equivalentes no dicionario". Tratábase do seu segundo ou terceiro cadro baixo a influencia do surrealismo, e expoñeríase na mostra de mulleres na galería da marchante e coleccionista de arte Peggy Guggenheim, Art of this Century. A súa primeira individual será xustamente na Galería Julien Levy en 1944.
 Curiosamente, Max Ernst, ao que buscara en balde en París, visita a Tanning no seu estudo e quedase fascinado fronte a “Aniversario”. Xogaron unha partida de ajedrez -segundo conta no relato que máis circula- e decidiron pasar xuntos o resto das súas vidas; decisión que cumpriron, porque o seu matrimonio durou ata 1976, data na que morreu Ernst.
A través deste, Tanning empezou a frecuentar o círculo dos exilados parisinos na cidade americana, na que coñecería a Duchamp, Tanguy e Sage, entre outros, facendo realidade ese soño que perseguira en balde en París. Breton formaba parte do círculo, pero o seu escaso coñecemento do francés impedíalle participar activamente nas reunións que este presidía; cousa doutra banda corrente entre as mulleres ligadas ao grupo, que se dedicaban a escoitar e falaban máis ben pouco, intimidadas pola formas autoritarias do "pope".


Soño  de luxo. 1944


Final de partida. 1944.Óleo sobre lenzo


A influencia da civilización. 1944

 Este periodo é o máis surrealista en toda a súa traxectoria artística, a súa obra máis coñecida, “Pequena serenata nocturna” (unha escura pintura chea de simbolismo, ironicamente chamada igual que a alegre serenata de Mozart), mostra os seus vínculos co grupo, aínda que máis tarde o seu estilo artístico mudou  para converterse nun estilo propio. Durante os 40 e principios dos 50 as súas pinturas representaban escenas inquietantes que saían do seu inconsciente. Traballaba en Sedona, Nova York e París. Deste periodo saen pinturas como “Eine Kleine Nachtmusik?” unha das súas obras máis coñecidas. Tamén pintou “Maternity” (1946) na que unha nai sostén en brazos ao seu bebé. No chan hai un caniche con rostro de neno. Chea de tormento esta é unha obra representativa da inquietude dos seus traballos.


Pequena serenata nocturna. 1944


Maternidade. 1946


Avatar. 1947

 De feito según Chadwick, no seu libro “Mujer, arte y sociedad”: “Cuando tuvieron (las mujeres surrealistas) que adoptar una postura respecto al inflamado lenguaje erótico del surrealismo, abordaron el erotismo de manera oblicua, centrando la atención en aspectos de los  deseos eróticos, más que en los demás deseos sexuales de la mujer. Leonora Carrintong reachazó a Freud, y se orientó hacia los temas de alquimia y de magia. Dorothea Tanning transfirió la sexualidad desde el mundo de los adultos al de los niños. Cuadros como Palaestra (1947) y Juego de niños (1942) nos muestra a jovencitas núbiles plasmadas en momentos de estática transformación. Sus  cuerpos responden a invisibles fuerzas que soplan en el recinto, animando los ropajes y haciendo revolotear los cabellos y las prendas de los niños”.


Palaestra. 1947


Unha pintura feliz.1947


Max nun bote azul. 1947


On time of time. 1948


Citadel. 1949


Lauberge. 1949.

Durante esa mesma década deseñou o vestuario e os decorados para ballets de Balanchine e para o ballet  de John Crank nos anos 50.  


A Guest, costume design for The Night Shadow. 1945


The Sleepwalker, costume design for The Night Shadow.1945


Castle Midnight, costume design for The Witch. 1950


Deseño para Bayou, o ballet de George Balanchine. 1951







No hay comentarios:

Publicar un comentario