BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 3 de abril de 2016

MULLERES SURREALISTAS: BRIDGET BATE TICHENOR

"Si pintaba gente dentro de un huevo no sé si es cierto, pero es probable que me encontrara yo misma en un huevo que no podía romper. Por fín lo rompí y entonces salieron caras de colores; era una salida y gracias a mi vida en México y de su libertad salieron otras imágenes, otros conceptos."


 Bridget  Bate Tichenor



Autorretrato

 Bridget Bate Tichenor, era filla de Sarah Gertrude Arkwright, de orixe británica e famosa colaboradora de Coco Chanel, e de Frederick B. Bate, comentarista americano da NBC en Europa durante a guerra. Viviu varios anos  en Londres antes de ir a Paris, onde estudou francés, tiña 16 anos e foi modelo de Coco Chanel e pousou para algúns fotógrafos, entre eles Man Ray. Da súa etapa en Londres  datan os seus primeiros debuxos coñecidos, realizados co consello e o ensino meticuloso do seu pai, que descubrira prontamente o seu talento artístico. Posteriormente estudou na Slade School, de Londres. Instalada en Roma de 1930 a 1939, posteriormente trasládase a Nova York. Alí ingresa na Art Students League e estuda baixo a tutela de H. Marsh e de H. Stenberg. Tamén recibe clases de Paul Cadmus, de George Tooker e de Yves Tanguy, de aí que se puxera en contacto cos surrealistas: Max Ernst, André Masson, Dalí e Matta, entre outros. Traballa como editora de moda en Vogue do 1945 a 1952.


Os realistas. 1960


Pasa, pasa. 1964


Os encarcelados. 1965


Os encarcelados (fragmento). 1965


Espejismo. 1967. Óleo sobre masonite


Vendedor de miragres, 1967


Paseo en tartaruga. 1968

 En 1940 casouse con Hugh Chisholm, fillo dunha coñecida familia neoyorquina de orixe canadiense, co que tivo ao seu único fillo. En 1945, tras divociarse, casouse co fotógrafo Jonathan Tichenor. En 1953, soa, chegou a México e coñeceu a Luís Barragán e Matías Goeritz, que lle convenceron para que se quedase alí a pintar, algo ao quen tamén axudou o seu curmán Edward James, quen creou o xardín surrealista de Xilitla, e foi quen a introduciu no grupo da corrente surrealista en México, onde coincidiu con Leonora Carrington e Remedios Varo. Durante uns anos residiu en Cidade de México ata o seu traslado a Ario de Rosales -Michoacán- en 1960. A visión que tiña da fauna e a paisaxe mexicana foi tan importante para ela, que moitas das facianas e criaturas máxicas das súas pinturas baséanse nos seus cans terriers, chihuahuas e mastines italiáns, ovellas, cabras, monos, loros, iguanas, serpes, caballos e vacas, mentres que a luz, cores e paisaxes das pinturas de Tichenor foron inspirados pola topografía da terra volcánica que rodeaba a súa casa da cima da montaña.


Sesta dourada. 1972


Xeración Gap. 1972


Tauromaquia. 1975


Apunte de carnet. 1977


S/T. 1977

 As pinturas de Tichenor están inspiradas no estilo renacentista italiano do século XVI, combinado con métodos tradicionais e influencias da mitoloxía mesoamericana, tradicións e simbolismos mexicanos e concentrouse principalmente en varios temas: inicialmente debuxaba e pintaba abstractamente, usando técnicas "automáticas" (1954-1956); logo descubriu os seus fantásticos personaxes do mundo surrealista. No seu traballo apréciase a súa gran vida interior, que reflicte o seu gran aprecio pola natureza e moi particularmente polos animais. Na maxia radica, tamén, parte da súa inspiración, en pezas moi coidadas e depuradas, en xeral de  pequeno e mediano tamaño.


Dualidade Cartagena. 1978


Dualidade Sachi III. 1978


Realidade druídica.1978


Velador. 1979


S/T. 1981

 No momento en que trasládase a México, divorciada do  seu segundo marido en 1953, esta nova vida converteuse para Tichenor, nunha viaxe a través do misticismo e da arte para acadar a súa autorrealización a partir da súas crenzas en espíritus ancestrais. Deste xeito pinta máscaras e identidades ocultas nos seus cadros, en relación cun proceso de autodescubrimento e autorrealización a partir de personaxes mitolóxicos de variadas culturas. En 1954 realiza a súa primeira exposición na Galería Arte Mexicana, de Inés Amor. É o principio da súa traxectoria como artista profesional; máis tarde expuxo regularmente con Antonio Souza, o seu promotor. Expón en Nova York na Karning Gallery, dirixida por Robert Isaacson (1955). En 1972 e 1974 expuxo na Galería Pecannins. En 1978 deixou o seu rancho de Michoacán para vivir en Cidade de México. De 1982 a 1984 instalouse de novo en Roma, volvendo frecuentemente a México, e pinta as súas series de "Máscaras, Guías espirituais e Deidades duales". Estes personaxes fantásticos enchen a súa mente e guíana nos seus momentos difíciles. O seu fillo Jeremy falece en 1982. A súa última exposición, unha retrospectiva moi completa, realizouse en febreiro de 1990 no Instituto de Belas Artes de San Miguel de Allende, onde vive os últimos anos da súa vida. A obra de Bridget Bate Tichenor atópase en diversas coleccións privadas de México, Estados Unidos e Europa.


S/T. 1982



S/T. 1982



S/T. 1982


Criptograma. 1984


A chegada do capricornio. 1985 

 O 20 de outubro de 1990 faleceu en Cidade de México, deixando unha obra duns 200 cadros ao óleo. Tichenor foi obxecto dun documental no ano 1985 titulado “Rara Avis” fue dirixido por Tufic Makhlouf, que fala de toda a súa traxectoria, desde os seus anos como modelo, o tempo en que foi editora de Vogue ata os seus comenzos como artista en México nos anos trinta.


A muller paxaro.1985

BIBLIOGRAFÍA

Marián L.F.Cao: Creación artística y mujeres. Recuperar la memoria. Narcea. Madrid, 2000
Chadwick, Whitney: “Mujer, arte y Sociedad”. Ed. Destino. Barcelona. 1999
Thomas, Karin: Estilos de las artes plásticas en el siglo XX. Hasta Hoy. Ed. Del Serbal. Barcelona. 1988
VVAA: “AMAZONAS del Arte Nuevo”. Catálogo Fundación MAPHRE. Madrid. 2008
VVAA: Women Artist. Taschen.(Editado por Uta Grosenick, Colonia) 2001

Tichenor na rede:


Tichenor, fotografada en 1978

BRIDGET BATE TICHENOR on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario