BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 27 de marzo de 2016

COMO REALIZAR UN AUTORRETRATO: o proxecto de terceiro curso de pintura.




Autorretrato de Susi, detrás, na parede o autorretrato de Ángeles


COMO REALIZAR UN AUTORRETRATO: Diversos xeitos de encaixar o retrato no soporte.

 O alumando de terceiro curso traballou nos dous primeiros trimestres deste curso, coa técnica do óleo. A proposta presentada na aula, consistía na realización dun autorretrato a partir dunha fotografía e do estudo dun determinado pintor ou  pintora na que o alumnado tiña que inspirarse para realizar a súa obra.
Tras varias sesións nas que na aula estudouse  a técnica do óleo e os seus distintos procedementos: veladuras, impastos, restregados, frotis, sfumato, pintura “Alla prima” e pintura de secado lento, rematamos coa visualización de moit@s artistas que realizaron diversos autorretratos ao longo da historia, para posteriormente estudar os distintos pasos a dar para debuxar unha cara en distintas posicións.


María

 Escollid@ @s artistas n@s que fundamentarían o seu traballo, elixiron unha fotografía que ampliaron a un formato A3, para traballar con maior facilidade. Estes foron os pasos:
-Estudo de técnicas ao óleo.
-Visualización de distint@s artistas e recollida de datos sobre el@s tanto nas redes como na biblioteca.
-Estudo de mestura de cores ao óleo a partir de tres cores básicas: carmín, azul de prusia e amarelo de cadmio.
-Fotografía persoal.
-Escolleita d@ artista para realizar o autorretrato “a la maniera de”, sen imitar, máis tentando captar o seu estilo.
-Realización de diversos bocetos sobre como realizar un retrato en distintas posicións e estudo de bocas, ollos, orellas, pelo e óvalo facial.


Marga


Sofía

 Estes son algúns dos resultados.


Santiago

 Santiago, realizou o seu autorretrato baseándose na estética de Edward Hooper, coñecido pola súa pintura nítida e limpia, organizada nunha composición espacial ordenada.


 Sofía escolleu unha  litografía de Picaso e foi quen de traspasar as tintas planas ao óleo, nun autorretrato de factura perfecta.


 Eugenio realizou o seu autorretrato inspirándose na pincelada agresiva e empastada de Van Gogh.


 María Rivilla, escolleu a Tamara de Lempicka, traballando cunha pincelada pulida e  marcados contrastes de luces e sombras.


 Cristina, estudou a estética dun artista galego, Laxeiro, na que as cores terra e o modelado da liña reflicten moi ben o espíritu do artista de Lalín.


 Margarita, tivo como referencia unha obra de Andy Warhol, da vocalista do grupo Blondie, Deborah Harry, realizada en 1980 acrílico e serigrafía de tinta sobre lenzo.

 No PHOTOPEACH, están todos os autorretratos.
AUTORRETRATOS EN ÓLEO on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario