BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 14 de febrero de 2016

VISITAS ÁS MOSTRAS no ENTROIDO 2016


Grupo ante a peza de Antón Pulido en CAMIÑOS Ó BO TRATO

 No Entroido, o grupo de Pintura realizou diversas visitas a centros diversos de arte, para apreciar in situ diversas técnicas e propostas artísticas, unha actividade que desde a aula de pintura fomenta o coñecemento non só de técnicas senon das diversas manifestacións artísticas que van desde o debuxo, a pintura ou a ilustración, como a exposición “HEROES ANIMADOS”, que amosa oproceso de deseño e creación dos personaxes en producións de animación baseada no traballo realizado por Grangel Studio, queleva 25 anos creando personaxes para películas como “Spirit”, “Madagascar” ou “A noiva cadáver”. Tamén tivemos a gran sorte de ver na galería MONTENEGRO, diversos debuxos e acuarelas de CASTELAO, entre os que sobresaen unha peza sobre Valle-Inclán e outra sobre a emigración.


Ante un debuxo de Heroes animados


Na mostra Heroes animados

 En Alcaldía no Concello de Vigo, fumos á mostra "MESTRES DA ARTE VIGUESA", onde expoñen creadores vencellados a Vigo entre eles: Antón Pulido, Laxeiro, Lodeiro, Barreiro e Mingos Teixeira, entre outros.


Foto de grupo ante a peza de Mingos


Ante unha das pezas de Barreiro


Ante a peza de Lodeiro

 Na Pinacoteca Fernández del Riego, visitamos a mostra "ASÍ OS VEN. ASÍ SOMOS?" Nun proxecto expositivo que tenta salientas os fondos da colección de arte galega do Museo de Castrelo recuperando a artistas como Elsa Pérez Vicente, Ana legido, María Victoria de la Fuente ou María Antonia Dans, en diálogo con fondos foráneos e novas artistas, para tentar construir a imaxe da muller no ámbito artístico, nun proxecto poliédrico que permite reflexionar sobre determinados arquetipos vinculados a arte das mulleres.


Foto de grupo na Pinacoteca


Ante unha obra de Laxeiro


O alumnado preguntando sobre un óleo

 Finalmente visitamos a mostra “CAMIÑOS Ó BO TRATO”, onde participamos moit@s artistas, donando obras a favor da "Asociación rede de mulleres vecinais contra os malos tratos de Vigo", entre as que atopan a profesora de escultura Rosa García, a de serigrafía Alba Parda, e quen esto vos conta.


O numeroso grupo atendendo as explicacións do comisario da mostra


Ante as pezas de Sara Bello e María xosé Pulido


O comisario Gonzalo Sellés, explicando a súa peza


Ante unha peza en técnica mixta


Explicando a peza de Rosa García


Crebas. Técnica mixta sobre lenzo. Paula Mariño


Políptico de Rosa Úbeda


Peza de Antón Sobral, en técnica mixta


Foto de grupo, escoitando ao comisario da mostra


No hay comentarios:

Publicar un comentario