BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 21 de febrero de 2016

MULLERES SURREALISTAS: KAY SAGE (PARTE I)




“I think my perspective idea of distance and going way is from my formative years in the Roman countryside.  There is always that long road and the feeling it gives that it goes a long way, and living near the Mediterranean, the sea and the boats, the feeling of the sun.” 

Kay Sage

 Katherine Linn Sage (25 de junio de 1898 - 8 de enero de 1963), coñecida polo nome artístico de Kay Sage, foi unha artista e poeta surrealista. De novo nos atopamos con outra muller artista adscrita ao Surrealismo pero cun traballo que foi comparado coa obra do seu compañero de movimiento e posterior marido, Yves Tanguy ou co pintor metafísico Giorgio de Chirico. Como si a súa obra non tivese entidade propia.

 Kay naceu en Albany, Nueva York, segunda filla dunha familia de clase media alta, o que facilitoulle a boa formación na Foxcroft School, en Virginia, onde coñeceu a súa grande amiga Flora Payne Whitney, herdeira das fortunas Whitney, Payne y Vanderbilt, e unha das fundadoras do Whitney Museum. Pasou a súa mocidade  viaxando por Europa coa súa nai, unha muller de espíritu libre, con amplos recursos económicos o que lle permitiu coñecer a arte que nese momento facíase na vella Europa aprendendo a pintar e asistindo a clases. Formada pois, en colexios americáns e europeos, asistiu anos máis tarde á Corcora School of Art de Washington. Durante a Primeira Guerra Mundial traballa como traductora na oficina do censo de Nova Yorke. E no ano 1920 vaise a Roma a estudar pintura na Libera Accademia di Belle Arti.


A miña habitación ten dúas portas. 1939


Non teño ningunha sombra. 1940


Perigo. construcción. 1940

 Sage establecida en Rapallo, Italia, coñece en 1924 coñece ao Príncipe Ranieri di San Faustino, un noble italiano que se converteu no seu primeiro marido. Porén, a vida de rica ociosa non lle gustou; e tras  10 anos de vida entre a alta sociedade separouse do seu home para mergullarse de novo no mundo da arte. A finais dos anos 20 trasládase a París onde coñece aos membros do movemento surrealista entre os que non tivo unha boa acollida, quizais debido ao seu pasado aristocrático como "princesa San Faustino”.


Estudo para unha carta do Tarot. 1940


Estudo para unha carta do Tarot. 1941

 Comeza a pintar en 1936 e celebrou a súa primeira exposición individual en la Galleria del Milione en Milán, onde amosou as súas obras iniciais, inscritas dentro da abstracción xeométrica. En 1937 hai un cambio de rexistro na súa forma de traballar ata unha pintura onírica con misteriosos obxectos de difícil interpretación. A finais dos años treinta, a iconografía das súas pezas, moi relacionadas coa pintura de De Chirico, incluía elementos como o ovo, a rampa inclinada, portas con grandes arcadas, sombras proxectadas diagonalmente na distancia e figuras enroladas con teas. Este cambio, según algún críticos e críticas da arte ten moita relación coa amizade que no ano 1937 iniciaría con Kurt Seligman  e a  súa mujer Arlette, e que reforzaríase probablemente coa visita á Exposición Surrealista Internacional de 1938 onde coñecerá a estética Metafísica de Giorgio de Chirico coa súa pintura figurativa de melancólicos paisaxes urbanos, valeiros e misteriosos. Maís foi no 1937 cando coñece grazas ao seu amigo Heinz Henghes a Ives Tanguy con quen comenza unha relación sentimental.


S/T. 1941


Os catorce puñais. 1942


Máquina de sangue. 1942


Marxen de silenzo. 1942


ST/. 1942

 Ao estalar a II Guerra Mundial, Kay Sage vaise a EEUU axudando a moitos dos seus amigos e amigas a deixar Europa incluíndo a Breton, Lamba e Matta. Tanguy tamén a seguirá unha vez é declarado non apto para o exército. Non está claro cando comeza a relación con Tanguy aínda que si que é posterior á relación que tivo con Peggy Guggenheim. En 1940 Sage e Tanguy casarónse con gran desgusto de Breton, en Reno, Nevada o 17 de agosto de 1940. Logo da guerra, a parella comprou un vella granxa en Woodbury, Connecticut e convertérona nun estudo de artistas, neste lugar pasaron o resto da súa vida, pintando e desenvolvendo a súa vida artística.


Estudo para A cara Oculta.  1943


 A cara Oculta.  1943


A viaxe de ida. 1943


Demasiado cedo para o trono. 1943

 Ese mesmo ano celebrou a súa primeira exposición en América, na Pierre Matisse Gallery de Nova York. Soubo crear un universo onírico dunha gran riqueza iconográfica, din que chegou a superar ao propio Tanguy; aínda que, como en tantos outros casos, a súa obra quedaría sempre eclipsada pola fama do seu home. En 1947, xunto a Tanguy, Arp, Duchamp, Matta e Giacometti, entre outros, tomou parte na última gran exposición do surrealismo, organizada por André Breton e Marcel Duchamp na Galerie Maeght en París. En 1950 expuxo na Catherine Viviano Gallery de Nova York, onde volveu mostrar as súas obras en 1952, 1956, 1958, 1960 e 1961.


Desde outro enfoque. 1944


Vin tres cidades.1944


No terceiro soño. 1944


A parte superior do ceo. 1944


Os sete durmintes. 1947


Caraváns de estorninos. 1948


Os unicornios baixaron ao mar. 1948






No hay comentarios:

Publicar un comentario