BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


lunes, 11 de enero de 2016

MULLERES SURREALISTAS: UNICA ZÜRN

   UNICA ZÜRN. A HACEDORA DE ANAGRAMAS


  As surrealistas son mulleres fotógrafas, cineastas e autoras do movemento que xurde na década de 1920, e que na meirande parte estiveron relacionadas co movemento surrealista oficial, aínda que algunas inspíranse nel, e tiveron unha relación máis distante.

 Relegadas tradicionalmente a un papel secundario e as veces pasivo na sociedade, estas artistas atoparon moi cedo na praxis artística o xeito de rachar o pechado mundo no que viven. De feito, o surrealismo foi o movemento de vangarda que máis muleres aglutino unas súas filas, pois proclama a imaxen da muller como ser espontáneo e intuitivo e apoiou a súa creatividade, dentro dun contexto social onde o rol da muller estaba a mudar. Porén, aínda que aceptadas no grupo, as artistas quedaron sempre afastadas do círculo de poetas e pintores que redactaban o manifestó e formularon a teoría surrealista. André Bretón, o pai do grupo surrealista, era quen de decidir quen pertencía ou non ao grupo, e conformaba un ciclo masculino creador que realizaba violentos asaltos a imaxe feminina, pois aínda que as mulleres eran totalmente aceptadas dentro deste círculo pechado, animadas a traballar dentro del, e aparecen tamén nos manifestos divulgando o seu traballo e participando nas súas exposicións, o que sí e certo e que no trato cotiá, seguiron tratando á muller mais coma un obxecto de desexo que coma unha igual, e atribuía ao varón todos os dereitos patriarcais, mentres convertía á muller nunha mera impulsora da actividade masculina, otorgándolles o papel de MUSAS ou modelos.
 Por outra banda, aínda que entre homes e mulleres surrealistas, existiron vínculos de amizade e en moitos casos amorosos, tamén é certo, que moitas destas mulleres novas e cultas, viviron un soño de emancipación que en ocasións foi de desenlace tráxico, mentres que outras como Remedios Varo ou Maruja Mallo, ante unha arte que fomentaba a realidade persoal, volcáronse nela e realizaron unha obra madura tras abandonar ese círculo surrealista. Polo xeral, estas artistas amosaron a súa valía como artistas e criticaron unha sociedade que pretendía colocar as mulleres nun segundo lugar, máis algunhas como Sonia Delaunay, ou Dora Maar, se doblegaron ante a suposta personalidade dos seus compañeiros artistas ou caeron en simas profundas cando foron abandonadas por estes.


Unica Zürn. Hexenteste.1945

 Porén, non todas as surrealistas anteponen o persoal ao seu mundo artístico, pois moitas viviron con liberdade moitas relacións e proseguiron coa súan andaina artística como Maruja Mallo ou Leonora Carrintong, quen expresou con toda claridade o gran fraude que para el supuxo o surrealismo e que foi quen de mostrar o seu rexeitamento contra as imposicións sociais impostas as mulleres, tanto nos seus libros como na súa obra pictórica, formando xunto con Remedos Varo, a quen admiraba , un dúo moi crítico contra a sociedade patriarcal, pois estas mulleres, na meirande parte silenciadas polos manuales, incluso nos literarios, comparten cos homes surrealistas unha innegable calidade, aínda que este movemento, o surrealista concedeulles un lugar secundario nas súas filas. Outras artistas, non vinculadas sexualmente ao sexo masculino como Claude Cahun ou Alice Rahon, reivindicaron a busca incesante de sí mesmas na arte e a súa máis grande denuncia está baseada nos estereotipos de xénero, conscientes do reparto desigual de papeles para ambos sexos.
 O xeito en que estas mulleres amosaron o seu rexeitamento pola sociedade patriarcal, foi case sempre a partir da súa propia obra, na que amosaron os seus soños de cambio e renovación, denunciando a posición secundaria que tiña neses momentos o sexo feminino, e obxetando o seu papel de musas ou de simples compañeiras dos artistas surrealistas. Querrán ocupar o seu propio lugar, sen renunciar a súa propia vida, vivindo a voráxine da creación do mesmo xeito que os seus compañeiros, incidindo na expresión de vistuosismo na pintura o una fotografía que se presuponía como producto masculino, como consecuencia do exercicio da razón, e afastándose das falsas categorías femininas impostas pola sociedade e polos seus propios compañeiros do mundo surrealista, unha destas artistas foi Unica Zürn.


Unica. Zürn. S/T. 1960

  Nacida en Berlín, o 6 de xullo de 1916, morre en París en 1970. Escritora e pintora alemá,  comezou a súa carreira como guionista antes da segunda guerra para a compañía cinematográfica alemá UFA. Trala guerra, sobrevive vendendo os seus relatos e novelas por entregas a xornais alemáns e suizos.
 No ano 1942, cásase con Erich Laupenmuhlen, con quen tivo dous fillos, comezando a traballar como xornalista e escritora, o que a leva a frecuentar os círculos artísticos de Berlín. Finalizada a Segunda Guerra Mundial, coñece en 1953 ao artista surrealista Hans Bellmer, debuxante e escultor inclasificable, que se tornaría famoso como creador de obxectos-fetiches surrealistas grazas á súa famosa serie de bonecas (Poupées), corpos de anatomía imposible, moitas veces situados en escenarios sinistros,  con quen viaxa a París, entrando no círculo surrealista, pois ponse en contacto con Henri Michaux, André Breton, Man Ray, Hans Arp, Marcel Duchamp e Max Ernst. A partir de 1957, ingresa en diversas ocasión en centros psiquíatricos para superar as súas crises de esquizofrenia, especialmente tras ser fotografada espida e encadenada por Bellmer para a portada do número 4 de Surréalisme même,  coa peza “Guárdese en lugar fresco”, nestas fotografías que Bellmer fixo en 1958, utilizando a performance propia dos rituais de bondage sadomasoquista, o corpo de Unica aparece, en diferentes posicións, atado con cordo, coma se fose un pedazo de carne para asar.



Retratos de Bellmer a Unica.

 De feito como parella de Bellmer, posou para el en diversas oacasións. Mais esta relación de Unica e Bellmer tivo unha estreita relación co mito surrealista do amour fou e coa visión transgresora do erotismo de Bataille, é dicir, un forte compoñente sadomasoquista, que ela recoñeceu explícitamente (falando en terceira persoa, que era o xeito en que esta escritora expresábase, e que correspóndese coa vivencia psicótica que o psiquiatra alemán Klaus Conrad describiu, no seu libro clásico “A esquizofrenia incipiente” (1958), como unha das experiencias nucleares da esquizofrenia, a anastrofé, é dicir, a vivencia de autorreferencialidad extrema do paciente esquizofrénico, a través da cal  ten a sensación de que «todo vira en torno ao propio eu” ): «A ela gústalle experimentar dor co pracer», confesou nuns dos seus textos. Bellmer era un gran erotómano que sublimou, como outros artistas, as súas pulsións sádicas a través da arte, pero tamén soubo ser o seu compañeiro, o seu principal apoio artístico e emocional e o fiel defensor dos seus dereitos, cando Unica, xa moi deteriorada, demostraba non ter capacidade para tratar cos marchantes, quizaís por este motivo Unica tiña por el sentimentos que oscilaban entre a admiración e a submisión.



Ilustracións de Unica para Oracles et spectacles. 1967

 A obra plástica  de Unica expúxose, con prefacio de Max Ernst, na galería Lle Point Cardinale de París en 1962 e 1964, pero fíxose máis coñecida trala gran exposición retrospectiva organizada en Alemania en 1998. Ademais de contos e folletines publicados en xornais berlineses, durante a vida de Zürn só viron a luz o pequeno libro de anagramas Textos de bruxas (1954) e o conto Primavera sombría (1969).
 Será en París, onde Unica comeza a debuxar e a escribir anagramas, xogos de palabras que resultan da combinación das letras dunha palabra ou frase para producir novas palabras. O anagrama foi unha das técnicas usadas polos surrealistas como a «escritura automática» ou os «cadáveres exquisitos» para intentar reducir ao mínimo o efecto das instancias de control e represión do subconsciente. A súa obra plástica, paralela aos seus escritos, está chea de debuxos onde narra os seus soños, e os seus medos e fai tamén anagramas, sendo a precursora de Oulipo, (que é a sigla de “operador de literatura potencial”, xorde a partir dos encontros realizados por escritores franceses de vanguardia, entre outros George Perec e Raymond Quenau, para fornecer as formas do bo uso que pode facerse da literatura, investigando as súas formas e de estruturas novas. Propoñen a escritura a partir de certas limitacións, controlando ás palabras por medio da razón, dotándoas dun límite.) En 1954 expón nunha galería de Berlín o seu primer libro “Hexentexte” composto por 10 debuxos automáticos 5 e 10 anagramas aos que ela califica como “escrituras brujas”, os anagramas están formados a partir das palabras “Je sème le néantblanc”. Máis tarde publica “Oracles et spectacles” con poemas, anagramas e augafortes.


Unica. Debuxo. 1960


Unica Zürn. S/T. 1967

 Os debuxos de Zürn, inquietantes e de liña fina, están poboados de animais fantásticos, grifos e dragóns, peixes dun extraño universo marino e insectos salidos tanto dos seus delirios como da súa imaxinación, entre os que as veces aparecen rostros humanos. Son debuxos AUTOMÁTICOS, do mesmo xeito que os traballados por Henri Michaux, con quen ao parecer tivo  unha forte relación, nos que a man liberada da súa parte consciente fai xurdir mundos misteriosos e parecen ser visto a través dun microscopio, mundos que poden lembrar ás narraciones de Lovecraft, mundos saidos de pesadelos.


Unica. Debuxo. 1965

 Nos seus últimos debuxos, existe unha asociación de imaxes, nos que aparece a multiplicación e superposición de facianas, que desdóblanse ou que debuxa simultáneamente de frente e de perfil, coma os facetados cubistas, debuxos moi gráficos, nos que existe unha acentuación dalgunhas partes, con negros en certas zonas, ou garras. Esta fusión de persoas ou animais que practica Unica ten un claro referente nos xogos da arte romana así como da persa e iraní, pero en Unica aparece tamén con un claro componente surreal, que parece ser obedece a súa enfermidade mental, así como ao uso de sustancias sicotrópicas. Os seus problemas mentais foron aumentando durante os anos seguintes, ata que, en 1970, terminou por suicidarse arroxándose ao baleiro desde a súa casa en París.

BIBLIOGRAFÍA

Marián L.F.Cao: Creación artística y mujeres. Recuperar la memoria. Narcea. Madrid, 2000
Chadwick, Whitney:  “Mujer, arte y Sociedad”. Ed. Destino. Barcelona. 1999
Thomas, Karin: Estilos de las artes plásticas en el siglo XX. Hasta Hoy. Ed. Del Serbal. Barcelona. 1988
VVAA: “AMAZONAS del Arte Nuevo”. Catálogo Fundación MAPHRE. Madrid. 2008
VVAA: Women Artist. Taschen.(Editado por Uta Grosenick, Colonia) 2001


UNICA ZÜRN on PhotoPeach
NA rede:
https://debedehaber.wordpress.com/2015/03/30/las-mujeres-surrealistas-no-aceptaron-el-papel-secundario-que-les-atribuia-el-movimiento-de-andre-breton/
http://adriangramary.com/agramary/Articulos/Entradas/2013/8/4_UNICA_ZURN._LA_ALUCINADA_SUTIL.html
https://revistas.ucm.es/index.php/ARTE/article/viewFile/ARTE0707110203A/8974
https://palidofuego.wordpress.com/2011/03/02/mujeres-en-tiempos-de-oscuridad-iii-unica-zurn-o-el-trazado-infinit

No hay comentarios:

Publicar un comentario