BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


lunes, 2 de noviembre de 2015

HELENA ALMEIDA no MUSEU SERRALVES



 O pasado fin de semana no Museu Serralves fun ver no Museo Serralves de Porto, varias mostras: Helena Almeida "A MIÑA OBRA É O MEU CORPO, O MEU CORPO É A MINHA OBRA", "Como (...) coisas que nâo existem", exposición a partir da 31ª Bienal de Sâo Paulo e unha pequena mostra de libros de artista na biblioteca con pezas de Damien Hirst, Warhol e Dubuffet entre outr@s.

 A exposición de Helena Almeida, que presenta a obra desta creadora que traballa na pintura, vídeo, debuxo e fotografía desde os anos 60 ata a actualidade,  salienta a importancia do corpo, pois ela mesma é a protagonista das súas pezas, dun corpo que rexistra, ocupa e define o espazo.


S/T. 1968. Tinta acrílica sobre tea, teas e tinta dentro de bolsa de PVC

 Desde o inicio da súa  carreira, Almeida investiga e cuestiona as disciplinas tradicionais rachando o plano pictórico e remexendo nos límites físicos das teas nos anos sesenta para posteriormente crear a través do debuxo e a fotografía "espazos habitados". Nos anos sesenta, nunha serie de teas que realiza durante os anos 1968-69, deconstrúe os soportes tradicionais, presentando teas enroladas, coma se fose unha estrutura que cede ante o seu propio peso ou facendo unha pintura-porta.


S/T. 1968. Acrílico e soporte de madeira.


S/T. 1968. Acrílico e soporte de madeira.

"Nunca fiz as pazes com a tela, o papel ou calquer outro suporte, Creio que o que me fez sair du suporte,através de volumes, fios e de miutas outras formas, foi sempre uma grande insatisfaçao em relaçao aosproblemas do espaço. Quer enfrentado-os, quer negando-os, eles têm sido a verdadeira constante de todos os meus trabalhos. Creio estar perto da verdade se disser que pintoo a pintura a desenho o desenho". (Helena Almeida)

  Nos anos setenta a artista emprega a pintura coma se fosen extensións do seu corpo, nun traballo performativo, ao mesmo tempo que realiza deseños de raigame escultórica con fío de crin de cabalo a pezas sobre papel e cartón.


Debuxo habitado. 1975. Fotografía, tinta chinesa e crin de cabalo

 Será a partir do ano 1978 cando Almeida introduce a fotografía como medio para explorar as lagoas entre a vida emocional interior e a viaxe exterior, para habitar dentro das súas obras, nunha proposta que nalgunhas pezas aparece cun forte dramatismo -"Ouve-me"-, mentres que noutras, sobre todo na década dos oitenta, as imaxes sofren un cambio de formato e escala, ata o ano 2006, nas que na serie "O abrazo", aparecen dúas personaxes que de costas a quen os mira se abrazan nun esforzo de aproximación dos corpos.


Ouve-me. 1979. Proba de xelatina e sal de prata


Ouve-me. 1979. Proba de xelatina e sal de prata


Main traversée par les mots d´un livre. 1980. Papel e fíos de crin


Saída negra. 1989. Papel xaponés e fíos de crin


Saída negra. 1995. Fotografía 


O abraço. 2006 (Detalle de peza de 7 elementos)

  As pezas que aparecen na mostra "Como (...) coisas que nâo existem", inclúe obras que estiveron na última Bienal de Sâo Paulo, en moitos casos feitas especificamente para a Bienal, máis esta mostra non é unha repetición da Bienal senon unha forma renovada que altera as pezas debido ao cambio de ubicación.


Éder Oliveira. S/T. 2015 


Qiu Zhijie. Maps. 2015 


Grupo Contrafilé, Sandi Hilal & Alessandro Petti. Mujawara de Árvore-Escola. 2014-15 


Voluspa Jarpa. Historias de aprendizagem. 2014. Placas de acrílico recostadas 


Walid Raad. Cartas ao lector. 2014 


Edward Krasinski. Obxecto no espazo. 1964-65


Tony Chakar. sobre outros mundos que están neste. 2014


Anna Boghiguian. Cidades á beira do río. 2014. Técnica mixta sobre papel


 Finalmente, na biblioteca do museo, diversas pezas de vari@s artistas, en relación ao LIBRO DE ARTISTA, rematou a miña visita.


No hay comentarios:

Publicar un comentario