BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 14 de octubre de 2015

OS PIGMENTOS: Cómo consíguense os distintos pigmentos a partir dos materiais empregados (Parte III)

CORES FRÍAS

O VERDE

A palabra ven do latín: viridis, que significa vigoroso. Obténse do CARDENILLO: pátina venenosa que aparece sobre a superficie de cobre ou bronce, ou da arxila de TERRA VERDE.
No recacemento usábase como base para a cor das carnacións.

O verde cinabrio é, unha cor moi cubrinte, que pode atenuarse mixturado con outras cores. Ao mixturar verde cinabrio pódense obter: verde esmeralda ou verde herba e musgo.


OBRAS DE VINCENT VAN GOGH, que amosan distintos tons de verdes



Paisaxe con olivos.  1887


Campo de amapolas. 1890


Casa en Auvers.1980


Dúas figuras no bosque. 1980


Les vessenots. 1980

  O AZUL

 O máis puro, o ultramar era extraído do lapislázuli, unha pedra preciosa, e importábase desde Afganistán, de ahí o seu nome “máis aló do mar,”unha cor, que era aínda máis cara que o uouro. Anos máis tarde, comercializouse unha forma artificial do ultramar, o que deixou ao alcance de calquera un cor único pola súa calidade.



Lavacourt, sol e neve. Monet. 1878-80


Paisaxe perto de Honfleur.Monet. 1867


A rapaza da perla. Vermeer

azul de prusia, frabicábase ao por maior  a principios do século XVIII, o que abaratou os custes. 



Campo de trigo con corvos.Vincent Van Gogh. 1890 


O azul cobalto, é sintético e empregouse desde 1804.


 Denominase azul índigo natural, añil o índigo a unha pasta colorante, que etimoloxicamente provén do latín indicus (da India). Elaborábase macerando en auga os tallos e as follas de certas plantas do  xénero Indigofera; disto resulta unha pasta de cor azul oscuro intenso, algo purpúreo, e cunha excelente resistencia á luz.



 Bodegón en azul indigo.Juan F. Campos. Acuarela.2011

Azul Klein. Cor azul intenso, inventado polo artista Ives Klein, que patentou como o International Klein Blue, (IKB) o Azul Klein (agora tamén chamado azul style por grandes firmas de moda que decidiron también ponerle ese nome). Klein empregaba este cor en pezas monocromas de finais dos años 50 e sobre todo nas “Antropometrías”.


Antropometría. Klein. 1960


Antropometría da época azul. Klein. 1960


Antropometría. Klein. 1960


Suelta de 1001 globos azuis, la "sculpture aérostatique" de Yves Klein. 1957












No hay comentarios:

Publicar un comentario