BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


sábado, 17 de octubre de 2015

ABSTRACCIÓN XEOMÉTRICA: TRABALLO DE GRUPO (Parte II)


 Amalia Pereira realizou un extenso estudo sobre Piet Mondrian e unha das obras máis impactantes do artista: “The gray tree”(1921), que reflicte a espiritualidade que acompaña Mondrian en toda a súa traxectoria e que define o mesmo pintor: “Para lograr un enfoque espiritual en el arte se necesita apoyarse lo menos posible en la realidad, porque esta realidad se opone a la espiritualidad”. Falounos tamén da relación que os artistas da época tiñan coa teosofía, a mística e o esoterismo, abraiados pola abundancia do mundo e a indiferencia da natureza, e como a relación de Mondrián coa Teosofía é moi importante para entender a obra que Amalia nos presenta, pois esta inflúe non so na  forma senón na cor simplificada eo mínimo en canto ao seu contido referencial. Fixo tamén reflexión moi interesantes sobre:
-A cor gris empregada en relación coa néboa, que ao mesmo tempo ten relación coa pureza que o artista desexaba para as súas obras en canto a limitación da paleta en escala de grises e un certo ton  azulado, que vemos nesta peza.
-O tronco torcido, en relación aos iniciados na Teosofía  que debían enderezar e correxir os defectos mundanos.
-O emprego da espátula, para facer riscos, o que potencia aínda máis a creenza de Mondrían da pintura na que os elementos son planos como se quen pinta fora unha máquina.


The gray tree. 1921 

 Esta relación da abstracción coa mística, a prantexa tamén Ramón López con respecto a obra de Malevich, incidindo na relación destes artistas, que vían a pintura abstracta como un modelo de coñecemento místico, nunha realidade profonda ou misteriosa das cousas. Presentounos unha obra de claras referencias figurativas, pero que ten no emprego dos planos referencias xeométricas.


O leñador. 1912


 Juan Loureiro, que tamén escolleu a Malevich, incidiu na importancia que a obra de Cézanne e Flaubert tiveron para o artista, lembrándonos as palabras do escritor: “La belleza se convertirá quizás en un sentimiento inútil para la humanidad y el arte se situará a mitad de camino entre el álgebra y la música”, o que posiciona a Malevich entre os artistas que buscan na xeometría a arte pura, e que cando pinta no ano 1913 “Cadrado negro sobre fondo branco”, a súa primeira creación suprematista, consideraba o cadrado como o mellor medio de expresar a arte máis pura. De feito nesta peza, o cadrado negro represent a sensibiilidade non obxectiva e o fondo branco é a nada.


Cadrado negro sobre fondo branco. 1923

 Ángeles Martínez Ruano, foi quen de lembrar a obra de Mantecón, artista vigués, que tiña predilección polo papel como soporte na súa pintura conceptual, en grandes tamaños e perto dun constructivismo monocromo de formas xeométricas, e falounos dunha  obra realizada sobre papel en técnica mixta do ano 1992, en cores grises de liñas xeométrica, coa particularidade de que non é totalmente plana, ois oscorpos centrais parecen estar en movemento debido ao emprego dunha liña rosa no centro e ao movemento que xenera a apertura espacial da parte central do cadro.


S/T. Técnica mixta. 1992 

 Ana López, a partir dun power point, desvelounos un segredo, como partindo dunha realidade obxectiva o artista pode chegar á abstracción. Coa frase QUE VES AQUÍ? comezou unha interesante viaxe sobre a vida de Teo Van Doesburg, un dos principais teóricos do Neoplasticismo, movemento do que nos fixo un importante desenvolvemento a partir de textos e imaxes. Porén a máis novedosa aportación, foi desvelarnos ao fin, que o cadro que presentounos, pois baixo o lema de Theo Van Doesburg “Desnudemos a la naturaleza de todas sus formas y sólo quedará el estilo” vimos o proceso de simplificación radical nunha da súas obras: Composition VIII, que tiña no seu orixe a forma dunha vaca.


Composición VIII. 1918


Desenvolvemento de Composición VIII (The cow)

 Rosa  Méndez desenvolveu a súa proposta sobre Sonia Delaunay, da que fixo unha exhaustiva semblanza, tanto biográfica como estilística, e falounos da importancia da súa vida como deseñadora, (pois chegou incluso a deseñar automóviles) e salientou a singularidade da súa proposta como creadora de ropa, pois os seus deseños serviron para vestidos coloristas que ela mesma vendía na súa tenda de moda. 


 Sonia no seu estudo, con dúas amigase as súas creacións 


Deseño para un coche. 1971 


 Da importancia desta artista, nacida en Rusia co nome de Sarah Ilinitchna Stern, e emigrada despois a distintas ciudades europeas ata a súa norte en París, falou tamén Yolanda, que  a partir dun power point moi traballado, explicounos tamén a importancia do seu home o artista Robert Delaunay, de quen Sonia toma o apelido, quen investiga sobre a luz, a cor  e o movemento, realizando un traballo innovador no que disolve, racha e  curva as formas, creando un novo movemento coa súa dona, denominado “ORFISMO”.


Robert Delaunay. La tour Eiffel. 1911 

 De Sonia, de quen fixo tamén unha longa exposición falounos Tito S. Remy Orta, recollendo a súa inquietude polas formas e que xunto co seu home Robert Delaunay foron grandes representantes da arte abstracta e creadores do “Simultanismo”. A semblanza biográfica baseouse nos seus primeiros anos en Rusia e os seus primeiros anos en Alemania e París, salientando que a súa preocupación constante pola aplicación da cor máis alo da pintura, queda amosada na aplicación dos seus principios nunha amplia variedade de técnicas artísticas.


Sonia. Prismas eléctricos. 1914


Sonia. Flamenca. 1917 

Aportou unha visión novedosa sobre a abstracción, e sobre a importancia da unión entre arte e vida Jose, alumna que explicou como Sonia accedeu a unha nova forma de  facer arte, a partir dunha colcha que fixo para o seu fillo:” Cerca de 1911 tuve la idea de hacer para mi hijo, que acababa de nacer, una manta compuesta de trozos de tela, como los que había visto en las casas de los campesinos rusos. Cuando se terminó, la disposición de las piezas de material me parecía que evocan conceptos cubistas y luego trataron de aplicar el mismo proceso para otros objetos y pinturas”. O xeito de facer arte a partir dunha necesidade como nai e de como arte e vida unénse na obra de Sonia foi todo un descubrimento para nos, que coñecíamos como artistas negras acadaran no século XIX a liberdade grazas á confección de edredróns de “patchwork”.


Sonia. Colcha para o seu fillo. 1911

 Tamén Jose, fixo unha importante aportación coa pregunta:

 Porque a xente está acostumada a levar prendas a cadros como camisas e faldas e non é capaz de entender ou mercar unha obra de arte realizada co mesmo concepto de horizontalidade e verticalidade de abstracción xeométrica? 


Deseño de cadros nunha camisa


Mondrian. Abstracción xeométrica.

Aquí queda a pregunta no aire que tentaremos resolver nas  nosas clases.

FOTOGRAFIAS NO PHOTO PEACH DO ALUMNADO NA AULA, FACENDO AS PRESENTACIÓNS E LOGO POÑENDO EN PRÁCTICA, TRAS A POSTA EN COMÚN O
APRENDIDO DOS COMPAÑEIR@S.
NA AULA on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario