BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 24 de junio de 2015

LUIS SEOANE: TRADICIÓN E MODERNIDADE (Parte II)

NO EXILIO (1937)


 A guerra obrígalle a exiliarse a Bós aires, onde desenvolve unha importante laboura política e intelectual entre os galegos exiliados, onde promove todo tipo de actividades culturais: editorial, pictórica, radio, periodismo ou tertulias e onde coincide con artistas como Maruja Mallo, Colmeiro ou Castelao, amosando sempre o seu compromiso coa sociedade e cultura galegas.

Estampas: TRECE ESTAMPAS DE LA TRAICIÓN (1937), reflicte na súa obra o desacougo e a vontade de denuncia, antes de saír para o exilio: con pezas xestuais, dramáticas e que falan da norte e o sombrizo mundo no que vive. SON GRAVADOS moi próximos ao universo de Castelao, pois nos comenzos do seu exilio, Seoane realiza unha obra que Lorenzo Varela describe como a “etapa da violencia”, unha violencia que nace non do resentimento senón do sentimento. 




O contacto de Seoane coa Imprenta Compostelana, editora da revista Nós, esperta a súa afección pola artesanía gráfica e o editorialismo. Hai quen apunta, nos seus primeiros traballos, a influencia da Xeración do 27, que emerge no carácter lúdico, fantástico e imaginativo destas obras, semellantes aos cadáveres esquisitos, que se unen ao lirismo defendido por Cahiers d´Art. As esixencias da impresión mecánica, determinaron, en boa medida, o desenvolvemento posterior da súa arte, que sufriu un considerable esencialización e a redución a signos elementais de recoñecemento. Inconográficamente, decidiu seguir unha liña histórico-lendaria para dar a coñecer a lendas e tradicións galegas, e crear imaxes de significación coletiva, nun intendo por manter viva a memoria e resaltar a identidade do pobo galego. Como vese nas ilustracións (gravados) de Catro poemas galegos de Lorenzo Varela (1944)




 Neses anos tamén realiza o álbum: Debuxos de HOMENAXE A TORRES DE HÉRCULES, no ano 1944, e traballa tamén neses anos para a revista O CORREO LITERARIO, en Bós Aires. Na data en que ilustra este libro, o artista empeza a utilizar o óleo, en trazos vigorosos que recalcan os perfís da forma e dan volume, mediantes sombras de cor. Trátase dun colorido rico e brillante, inspirado nos códices miniados, as cerámicas ou as teas, polo que estamos ante unha fusión das artes: artesanía e artes plásticas. 



Debuxo da Homenaxe á Torre de Hércules. 1944


 Ao longo de toda a súa carreira, Seoane, nunca deixou de investigar as posibilidades do gravado, propoñendo novas solucións e vías expresivas. A súa obra tivo unha importancia capital para o desenvolvemento da ilustración e a gráfica galega, e a súa facer neste ámbito, condicionou a técnica da súa pintura ao óleo, logrando un estilo sumamente persoal, e facéndose un oco entre os principais artistas galegos do século XX.


A conversa. 1946. Óleo sobre lenzo 

Esta obra, A conversa, pertence á etapa dos anos corenta, cando Seoane comeza a interesarse polo óleo, pois, ata o momento, o seu faceta artística máis destacada fora a do gravado. Nesta obra, por ser unha das primeiras, apréciase unha pintura moi matérica, onde aínda se evidencia o trazo vigoroso co que recalca os perfís da forma, aínda que xa se albisca o camiño cara a unha linguaxe máis abstracto. As figuras constrúense con fortes pinceladas empastadas, de cores terrosos e grises, e vense delimitadas por un groso contorno que dá lugar a voluminosas siluetas. Estas formas, dun afán case escultórico, tratan de ser un símbolo de Galicia, a muller como Mater Gallaecia e prototipo do pobo galego, un tema que se converterá nunha constante na súa produción. Estas imagénes robustas, maxestuosas, achéganse á concepción da estética do granito, que comparte nos seus comezos, con artistas da súa xeración, os denominados Renovadores, entre os que se atopan Laxeiro, Colmeiro ou Souto. As figuras, silenciosas e atemporales, conservan a esencia popular. Son mulleres silenciosas que, reunidas, esperan aos seus maridos. Unhas inquedas, outras absortas e pensativas, son representadas como o reflexo da súa terra, do seu pobo e a súa tradición. Simbolizan á Galicia traballadora e sufrida, loitadora, pero ao mesmo tempo resignada ao seu destino de miseria e explotación.


O enterro. 1945. Acuarela sobre papel


Mulleres. 1946. Óleo sobre lenzo

 Seoane está sempre pendente de transmitir os acontecementos que o rodean, o sentir do seu pobo, e as mulleres serán protagonistas de numerosas obras, por ser as sustentadoras dun pobo que se queda sen homes por culpa da emigración: "Galicia é un home que marcha, que emigra... ou home soio músculos que marcha, de Rodin, ou home soio fame que marcha, de Giacometti". A base fundamental da temática da súa obra é Galicia, mantendo sempre o compromiso co seu pobo.


Muiñeira.1948. Óleo sobre lenzo


Costa Circe.1946

 Do Románico, toma tamén o xeito de compoñer e de xerar espazo. As composicións, xa desde un principio son planas. A tridimensionalidad non lle interesa tanto como a cor e a forma, e xéraa mediante o tamaño das figuras. Aparece un pequeno atisbo de paisaxe no mar, tan típico da xeografía galega, que coloca ao mesmo nivel que a terra, como froito dese rexeitamento pola terceira dimensión e por outorgarlles a ambos a mesma importancia. As cores terrosos, grisáceos e de tonalidades tristes, son reflexo dun clima e unha paisaxe húmida, e quizá tamén da morriña e o carácter que acompañou sempre ao artista.

 Á morte de Castelao, no ano 1949 converte a Seoane no aglutinador da intelectualidade galegista en América.

 A finais dos 40 a súa obra evolucionará cara a unha pintura na que o escenario xa non ten o protagonismo de outrora e no que se reduce o sentido da profundidade. A representación ilusoria de tridimensionalidad cedeu paso a outras propostas compositivas. Seoane aplanou o espazo, esquematizou as figuras e deixou de perseguir o sentido de profundidade, dotando ásúa obra dunha inmensa forza sintética. Isto é debido probablemente a importancia que tivo o seu contacto coa cultura europea: París (onde coñece ao seu admirado Picasso), Londres e Italia, onde expón a súa obra. Aínda que nos anos 60 voltou a Europa, será esta viaxe un antes e un despois na súa concepción da arte e o seu estilo.


Liando un cigarro. 1949

No hay comentarios:

Publicar un comentario