BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


martes, 23 de junio de 2015

LUIS SEOANE: TRADICIÓN E MODERNIDADE (Parte I)


O sol. 1967. Óleo sobre lenzo

A gran orixinalidade de Seoane (1910-1979) foi a raíz galega da súa pintura, entroncada coa universalidade da arte, ese equilibrio entre o intelectual e o popular, tan presente nas súas creacións.
 Porén, para falar da obra de Seoane, temos que falar da importancia da realidade histórica na que se sitúa o seu proceso artístico, marcado por estar situado nun contexto que posúe un anaco de tradición cultural europea occidental e tamén baseado na propia identidade galega, co interese na reconstrucción da identidade colectiva, dentro da idea de nación, pero que ten asimismo o interese dunha intensa revolución formal.
 As IRMANDADES DA FALA, axudará a desenvolver este pensamento de identidade cultural, pois foi un movemento que potenciou exposicións, conferencias ouactuacións teatrais, entre outras moitas actividades. Seoane participa dese pensamento e os creadores non vivían nunha torre de marfil senon que se sentían “formando parte do proceso evolutivo de Europa, pero sentindo que en Galicia, no seu agochado xenio nacional estaban as nosas raigames máis fondas”, polo que nos atopamos cunha Galicia de principios de século XX como un espazo aberto e permeable ao influxo estético, non desde o mimetismo senon activando a súa plástica tomando como referencia á tradición galega. Aínda así a arte galega destes anos posúe:
-Eclecticismo e moderación
-Ruptura como simple experiencia
-Introducción mínima de elementos de corrección
-Para Seoane serán fundamentais: Maside, Souto e Colmeiro, que irrumpirán con formas e cores novas, pois será a partir do ano 1930, cando comeza a verdadeira ruptura.


Mater Gallaeciae. 1961

De feito, algún críticos inclúen a Seoane, dentro da xeración de OS NOVOS, ou OS RENOVADORES, aínda que sexa o máis novo deste grupo de artistas galegos nacidos a principios do século XX, que transformaron  coa súa irrumpción a arte galega. O propio artista os defino como unha xeración de artistas que: “Empregan unha temática e unha linguaxe galegas que os leva a cultivar unas formas con raigames na escultura popular do románico e do noso barroco. Formas plásticas que tomán para sí a esencia creativa do pobo”.
 A nova pintura galega de principios do XX, como sinala Seoane en “Un arte da terra” pretende propor a quen mira: climas, intencións, rupturas, novas evaliacións e insuflarlles esperanzas, unha arte galega que diríxese ao espectador, axudándolle a definir o seu espírito, que redefine como unha arte de filiación romántica vinculada a un expresionismo nórdico (sobre todo a arte alemana), que tenta comprender o misterio do home e da natureza.
 O traballo de Seoane, terá un importante papel na posquerra e na evolución da arte galega, pois mantén un intenso activismo político ligado a nova identidade do país, que reflíctese nun texto da revista ALENTO: “Un arte da terra”.
 Pintor, grabador, muralista, ceramista e poeta. Naceu en Bós Aires, o 1 de juxo de 1910. As 6 anos de idade, voltou a súa terra, Arzúa. Vive na Coruña para posteriormente morar en Santiago de Compostela, onde estuda bacharelato e licenciouse en Dereito en 1934. Paralelamente a súa formación universitaria, participou intensamente na vida cultural da época, convirtíndose xunto con outros artistas, no motor de renovación plástica, pois iniciou nestes anos os seus estudios en grabado e pintura realizando a súa primeira exposición en 1929. Na súa mocidade entra en contacto coa Galicia rural, que aparece logo na súa obra dun xeito persistente.

 ESTILO INICIAL
 En Santiago implícase (mentres estuda dereito) cos movementos intelectuais e na Federación Universitaria de Estudantes, onde destaca na defensa da cultura galega e da democracia, mentres comeza a súa actividade artística, ilustrando algúns programas de cine que rulaban polos cafés e participando nas terutlias do Derby con distintos intelectuais e artistas: Valle Inclán, Maside, Dieste ou Fole. A súa primeira exposición será no ano 1929, na sala de Amigos da Arte e ao ano seguinte no Café Español, con obras como  dibuxante e ilustrador.


 Natureza viva. Tinta chinesa e acuarela sobre papel. 1932 


Mozo e cabalos. 1933

 Posúe influencia do expresionismo alemán (Grosz, Otto Dix), os estudios de El Lissitzky, a metodología da Bauhaus e o traballo de Pablo Picasso. Entre as súas primeiras obras destacan os seus desnudos femininos e os retratos de campesinos na paisaxe  dunha Galicia utópica. Se conserva en gravados, debuxos e augafuertes dos anos republicanos que enlaza coa modernidade estética internacional, pois coñece as fórmulas postimpresionistas, cubistas, fauvista e surrealistas, que na súa obra está vinculada a un certo lirismo (Natureza viva, 1934) e nas ilustracións das revistas Resol e Universitarios, así como en debuxos realizados para diversos libros, como os realizados para o volumen SÍNTESE DO CRIME.LIBRO DE DEBUXOS, nos que o lirismo ponse ao servizo de temas de contido social e de denuncia da violencia, que achéganse a obra de George Grosz, artista que admira, pero que non teñen tanto dramatismo.


Debuxos para os poemas de Cunqueiro "De si e non". Anos 30


Ilustracións para a revista HUELLAS. Anos 30

Tamén a mensaxe política aparece na obra de Seoane, como os traballos realizados para YUNQUE, co gravado GALIZA ERGUEITA, do 1932, presenta unha forte simboloxía SOCIAL, ou os feitos para o xornal CLARIDAD, que son máis agresivos e achéganse ao estilo de Maside nos seus gravados sociais.Un feito importante, amosa o seu compromiso con Galicia, co cartaz que realiza para a defensa do ESTATUTO DE AUTONOMÍA de 1936, co lema “O estatuto libertará a nosa terra”.


A GUERRA
Labor combativa, identificada cos valores progresistas galeguistas e republicanos, como Dieste, Castelao ou Lorenzo Varela. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario