BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


martes, 2 de junio de 2015

DORA MAAR: A FOTÓGRAFA SURREALISTA (PARTE II)

   A traxectoria de Maar, abrangue desde os primeros traballos, fotos das rúas que amosan a pobreza parisina nos años treinta, ata os collages anticapitalistas, e a reportaxe, entre maio e xuño de 1937, no que Maar recolleu cómo Picasso traballaba en El Guernica, cadro que parece ser estivo moi influenciado polo radicalismo político de Maar e a súa militancia antifascista.
Será no ano 1934 cando Dora entra en contacto cos surrealistas, (pois foi tamén modelo de Man Ray) realizando un documental  sobre o surrealismo e das exposicións do grupo, nas que ela mesma participa. 



Dora como modelo de Man Ray. 1936


Dora como modelo de Man Ray. 1936  


Man Ray, retrato de Dora con mans pequenas. 1936

 De feito, Maar participa nas mostras máis importantes do grupo: a celebrada en Santa Cruz de Tenerife (1935); a Exposition surréaliste d’objects, na Galerie Chales Ratton de París (1936); a International Surrealist Exhibition de Londres (1936); e na Fantastic Art, Dadá, Surrealism, no Museum of Modern Art de Nova Yorke. 



 S/T. 1934


Silenzo. Xelatina de prata. 1935


 S/T. Onírico. 1935

 O contacto directo co mundo surrealista, dalle un radical xiro á súa forma de concibir o mundo, iniciando unha etapa na que desenvolve obras de marcada sensibilidade  surrealista conseguindo que “Ubu”, un monstro vello e cego, convertérase grazas a súa foto (na que  non hai ningún tipo de manipulación), en icona do movemento surrealista.


Retrato D´Ubu. Xelatina de prata. 1934

 Maar, que traballaraxa dentro do mundo surrealista antes de conocer ao pintor español, según dicían algún dos seus coñecidos "tiña unha inclinación instintiva ata o misteroso, o máxico eo sobrenatural", e será pois, unha surrealista que busca rachar co convencional, revolucionando as formas e as cores, empregando a asociación libre de imaxes que buscan formas ocultas nos obxectos e creando realidades diferentes a partir de imaxes captadas ao azar. Estas inquedanzas as plasmou, a mediados dos años trinta, en obras enigmáticas, tanto fotográfica como pictóricas, combinando o experimental con fotos de moda e espidos solarizados que publicaba en revistas ilustradas e servíanlle para gañarse  a vida. Algunhas de estas obras, como Assia (1934), coa modelo proxectando unha sombra sobre a parede, ou o melancólico retrato Nuschde face, accoudée, les mainssous le visage (1935), están entre las más coñecidas de Maar.


 Xogos prohibidos.Fotomontaxe. 1935


29 Rue D´astrog. Xelatina de prata.1936

No hay comentarios:

Publicar un comentario