BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 3 de mayo de 2015

O ACRÍLICO: Marta entelando un lenzo sobre madeira


 Entelado dun lenzo sobre madeira

 Marta, alumna de segundo curso de pintura, realiza un traballo en acrílico sobre lenzo sen imprimación, aplicando as cores seguindo un deseño inicial sobre cartón en pequeño formato. O lenzo é colocado nun primeiro momento sobre unha madeira con chinquetas para que non se mova e pódase traballar con facilidade.
 Coa obra xa rematada e seca, esta vaise  entelar sobre unha madeira dun grosor de 7 mm, para que esta non quede alabeada tras aplicar o alkil, que é unha cola moi resistente. Tras aplicar o alkil cunha brocha, pásase cun papel ou pano por enriba da tea con suavidade para que non queden ocos e aire e a superficie apareza  totalmente lisa.

 Logo, procederase a estirar ben a tea por todos os seus extremos e a grapamos pola parte posterior do lenzo.


 Resultado final da peza

Esta peza de 40 x 40 cm realizada en acrílico sobre lenzo, atópase na exposición DA XEOMETRÍA Á DESORDE, DA DESORDE Á XEOMETRÍA, mostra colectiva do traballo da aula de Pintura da Escola de Artes e Oficios de Vigo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario