BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 31 de mayo de 2015

LUIS SEOANE: TRADICIÓN E MODERNIDADE (Parte IV)



Mater Gallaecia. 1961

 Nos ANOS SESENTA: a Pintura é plana con fortes contrastes de cores moi vivas e grafismo que tende á abstracción.

CARACTERÍSTICAS:
-Achégase á abstracción, de impronta cubista, que progresivamente vai independizándose.
-Grandes planos de cor, moi vivos.

-Xogo de liñas curvas que  serven para modelar as formas e ao mesmo tempo son independentes.


O nacemento doTeatro arxentino. Mural. 1960

 Nos anos sesenta debido aos descubrimentos técnicos que lle proporcionan a realización de murais levaranlle a expresarse por medio dunha pintura plana de fortes contrastes de cor e dun grafismo que se superpone á obra pictórica, liñas e planos de correlaciónanse entre si, cargando a súa obra de gran forza sintética, levándoa cara a unha deconstrucción da imaxe, pois nestes anos Seoane reproduce representacións humanas, tema esencial da súa obra, hieráticas e que se reducen a esquemas figurativos, de contido simbólico, de enorme poder de suxestión, nunha obra xa totalmente de madurez. De feito, incorpora tendencias de vangarda con influencias de Picasso, Leger, Matisse e Klee, nunha evolución da súa pintura que reduce á forma a esquemas fundamentais, eliminando a liña e integrando a figura nun fondo de cor. Aparecen tamén círculos, espirais e símbolos xeométricos, inspirados nos petroglifos.


 Os limóns. 1960

 O BODEGÓN. Sérvelle para  acadar unha sólida estratexia de representación, e pa a resolver problemas puramente plásticos, en pezas austeras, de ordenada SIMETRÍA. As naturezas mortas de Seoane, son deudoras, desde un punto de vista plástico, do cubismo picassiano. As liñas reducen e sintetizan as formas, as cores vivas e intensos esténdense e crean distintos planos cromáticos, e o espazo ordénase simplificando a composición. Entre os elementos representados, cabo destacar en gran parte das súas naturezas mortas, a presenza da mesa, motivo do que se serve o autor para crear diferentes planos, que xeran un novo espazo plástico. Estas áreas, case sempre veñen dadas por dúas rectangulos, un horizontal e outro en diagonal, diferenciados por grandes superficies de cores vivas e intensas, característicos do artista. Nesta obra, chaman a atención o modo de equilibrar os contrastes cromáticos mediante o trazado das liñas, que se distribúen no lenzo para equilibrar a composición.

 No bodegón, liña, cor e forma, aparecen como elementos totalmente autónomos, capaces de lograr expresión por si mesmos: "A miña pintura componse de medios elementais, e de cores fortes e vivas. Acentúo as formas para resaltar ou seu carácter expresivo, e coido de que elas collan importancia por si mesmas, independientemente de cada valor e dá cor".Os froitos, poden parecer a primeira ollada demasiado humildes, e ata pasar inadvertidos ao espectador. Pero o artista pretende desvelarnos a vida das cousas inertes, representadas de xeito sinxelo, á vez que se lles outorga a maxestuosidad dun verdadeiro bodegón.


Polbo e xarra. 1961. Óleo sobre lenzo.

 Considerado un dos máis importantes renovadores plásticos do século XX en Galicia, Luís Seoane desenvolve unha constante investigación sobre a linguaxe e a representación formal na pintura. A obra Polbo e xarra, representa unha composición abstraizante na que a yuxtaposición de planos geométricos realizados en intensa gama de cores cálidas, laranxas, vermellos e amarelos contrastan co contundente negro, estes serven de fondo indefinido á representación esquemática de dous obxectos, un polbo e unha xarra, silueteados en liñas negras. A data de ejecución deste lenzo prodúcese nun ano de vital importancia na evolución plástica de Seoane, xa que coincide coa realización de importantes obras que aluden á tradición e historia de Galicia, principalmente representada pola muller. Seoane continúa a súa evolución estilística e súmase entón a unha certa abstracción, combinada sempre coa figuración, que cada vez se fragmentará máis. Os temas galegos tomaron protagonismo na súa produción, recreando os costumes, a indumentaria ou as profesións, pero sempre desde a perspectiva novedosa do seu estilo. E é neste panorama creativo onde encaixa un animal tan característicamente galego como é o polbo, representado en moitas ocasións ao longo da súa  producción.


Nada as perturba. 1963

 Desde os seus comezos artísticos, a muller desempeña un protagonismo relevante na obra de Seoane, tanto plástica como literaria. Desde unha perspectiva enaltecedora, as súas mulleres normalmente aparecen realizando traballos de campo ou en ambientes vinculados á cultura rural galega. Noutras ocasións, como nesta obra, as súas mulleres tórnanse iconos rotundos que aparecen nas escenas sen desenvolver ningunha acción, senón como medios estructurales para distribuír pola superficie pictórica as formas, liñas e cores que fundamentan, segundo o propio pintor, o acto de pintar. 
 O RETORNO
 En 1963, Seoane retorna a Galicia tras un exilio político que o mantivo en Arxentina durante case trinta anos.
No 1968 funda xunto con Díaz Pardo o LABORATORIO DE FORMAS, que comprende a recuperación da Cerámica de Sargadelos, o museo Carlos Maside e a editorial Edicións do Castro. Durante todos estes anos, expone cadros e grabados na súa terra.
 Todas estas vivencias, a dureza do pasado, o terror da guerra, a persecución política e o exilio, quedan reflectidos nos seus lenzos, como na peza “Pranto pola muller caída” que se volven máis narrativos e evidentes que nos referidos a temas máis amables. Neste sentido os seus personaxes e as súas mulleres funcionan como SÍMBOLOS, dotados de valores positivos, proxectando o pasado cun espíritu de resistencia, que aparecen nos seus cadros SOCIAIS, como Pranto pola muller caída(1963), A represión (1965) e O CRISTO OBREIRO CRUCIFICADO (esta obra do ano 1975).


Pranto pola muller caída. 1963

OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS, como tema e os traballos do campo e do mar están tamén moi presentes na súa obra sobre todo nestes anos 60, buscando unha estética que rexeita o folclorismo, a través dunha iconografía propia que enche de dignidade ás figuras representadas. A EMIGRACIÓN E O TEMA SOCIAL, é tamén un tema moi presente en pezas como “A emigrante” (1967),baseada nunha historia real, que deu pe ao artista para a realización desta peza, ou “Noticias dos homes” (1969).


A emigrante. 1967


Sen noticias dos homes. 1969

 Outro dos seus temas frecuentes é a denuncia social, a angustia duns personaxes oprimidos polas políticas dun mundo inxusto. A muller, como acurre na obra dos pintores galegos dá a súa xeración vai estar moi presente na súa obra, personaxes femininos cargados de simbolismo: as mulleres que esperan o retorno delos seus a Galicia, a Mater Gallaecia que representa a terra, a muller traballadora tan característica e tan importante na Galicia rural, campesiña, mariscadora, ou nas súas os seus traballos domésticos (pelando patacas, por exemplo). Tamén mulleres urbanas e modernas, como foi a súa propia muller.

 Tamén é moi importante en Seoane a figura do ARTISTA COMO A MEMORIA DO SEU  POBO. A nova arte era para o  artista, unha construcción que tiña que partir de valores identitarios, e no que o primitivismo (en referencia a influencia de Os Novos), e a fusión das artes: pintura, arquitectura, deseño e publicidade, tenta encaixar os medios de producción modernos, con esa pureza trascendental que atopa nese primitivismo. É tamen fundamental O PROTAGONISMO DO POBO COMO MOTOR DA HISTORIA. Soane pretende unha visión da arte non só como obra comprometida, senon como parte dunha complexa e posible vía emancipatoria, deixando que a pintura sexa un espazo para a reflexión. Por iso na súaiconografía destacan os tipos populares, campesiños e marineros, figuras vinculadas ao movemento renovador, e doutra banda a muller como icono. Seoane interpreta a iconografía galega, buscando un equilibrio entre o instintivo e o racional, entre o popular e o intelectual.


Os tres soles de Galicia. 1967


Mariscadoras. 1969

 A liña adquire o protagonismo perdido en obras anteriores, e o axuste das pezas da composición é máis elemental, tratando de favorecer a claridade da idea que quere transmitir. Recupera os ritmos curvos e as liñas dinámicas, que non por iso deixar de ser sintéticas parándose apenas na descrición dos trazos e a fisonomía. A cor evidencia as violentas tensións expresivas, estalando coma se quixese mostrarnos a súa potencia interna. O emprego de grandes superficies negras, acentúa o dramatismo psicolóxico da escena, e provoca saturación das cores que lle rodean.  LINGUAXE DEPURADA QUE CONVERTE OS MESMOS TEMAS NUNHA NOVA REALIDADE PICTÓRICA: esquematismo, planos en cores contrapostas, dinamismo contido, que en ocasións chega á abstracción, enriquecida pola súa experiencia sintética de ilustrador, gravador e muralista, pois:
-Da ilustración sae a súa concepción entre liña e cor, que nos anos cincuenta estructuránse a partir dos trazos negros que estruturan os corpos nas súas figuras.
-Do muralismo, a súa monumentalidade.


A chambra branca. 1969


Agardando sempre. 1969


SEOANE: ANOS SESENTA on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario