BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 31 de mayo de 2015

DORA MAAR: A FOTÓGRAFA SURREALISTA (PARTE I)



 Henriette Teodora Markovitch naceu en Tours o 22 de decembro de 1907. Filla dun arquitecto croata e unha francesa católica, trasladouse coa súa familia a Bos Aires en 1910, lugar no que o seu pai dirixiu un estudo. Na familia falabase francés e español. Foron moi cosmopolitas e as fotografías da súa mocidade amosan a Dora desde paisaxes dos Alpes ata zonas tropicais. Cumpridos os doce anos regresou a Francia e en 1926,  seguindo os consellos de Marcel Zahar continuou os seus estudos de fotografía matriculándose na “L’École de Photographie de la Ville de París”, unha das máis liberais da época, onde as rapazas permitíaselles estudar o corpo espido dos modelos, e na “Unión Central das Artes Decorativas”. Aos vinte anos frecuentaba a Academia Jullian e o taller de André Lhote


Retrato de muller. 1930

 Aínda que as súas primeiras probas realizounas no estudo de Harry Meerson, onde comezou a traballar como axudante no ano 1931, para poder revelar as súas fotografías daba clases a Pierre Kéfer, mentres el deixáballe  utilizar o seu obradoiro. Algunhas fotografías levan o tampón Kéfer-Dora a pesares de que as últimas están feitas únicamente por ela. Nestes anos  Maar e Keffer colaboran con revistas de moda como Madame Figaro e realizan campañas para firmas de cosméticos retratando a Assia, a modelo do grupo surrealista. De feito será Dora que mellor fotografie a Assia conseguindo fotos eróticas e moi provocativas. Neses anos Dora traballa tamén para as revistas Arts e Métiers Graphiques, Formes Nues e le Phare de Neuilly. Alugou un local a un fotógrafo de moda, quen axudaba a Dora a retocar os seus traballos e será alí onde coñece a un mozo de orixe húngaro apellidado Brassaï, quen a puso en contacto  con artistas, escritores e intelectuais que estaban estreitamente vinculados á vida política do momento, polo que Dora participa de forma activa no colectivo OUTUBRO, como activista de esquerdas e coñece así en 1934 a Georges Bataille, co que vive unha tórrida relación que concluíu meses despois. A través do seu pai, acada un obradoiro propio, no que realizou os seus famosos fotocollages.




Dobre imaxe.1930


S/T. 1932


Retrato da man. 1932


Pegadas de pes sobre a area.1931-34


Neno. Ca 1931. Xelatina de prata


Nenos. París, 1932


Neno con boina. París, 1932


 Bañista. 1931-36. Xelatina de prata


Assia. 1934


Assia. 1934

 Tras unha viaxe a Cataluña en 1934, percorreu a Costa Brava e coñece Barcelona, cidade da que quedou prendada pola súa beleza e encanto. Previamente, atraída por Tossa de Mar, elabora unha serie de fotografías de carácter documental en devandita localidade. Sempre fiel a ese espírito viaxeiro Dora experimenta unha evolución artística, achegándose a fotografías de marcado carácter social. Exemplo diso o son as fotografías nas que reflicte a pobreza, a infancia ou o día a día dos barrios traballadores, ratificando así as súas ideas revolucionarias non só en manifestos senón tamén amosando a realidade social do momento. Séntese atraída polas rúas e xentes da zona vella de Barcelona, polo que a artista vai fotografar o rostro da desesperación e a pobreza, unha realidade ben distinta a das revistas de moda e publicidade nas que traballara antes. Dora Maar preséntanos a súa mirada máis persoal nas fotos de cegos, vendedores ambulantes, músicos tullidos, vellas vagabundas, nenos en barracas rindo e xogando, instantáneas nas que nos transmite ese sentimento de marxinalidade que transforma aos seus personaxes dándolles unha forte dignidade.
 Durante varios anos, Dora realiza estas fotografías moi persoais ao mesmo tempo que fotomontaxes e fotografía publicitaria, pois ela non distinguía entre o traballo de encargo e o estético, en ambos puña o mesmo interese e nivel de investigación.


A boquería.1934


Neno con gato. 1934


Cuarteto de cegos. Londres. 1934


Mendigo cego. Londres. 1934


Money and morals. 1934


Canguro. Londres. 1934


Neno. Xelatina de prata. 1935


Homme sur un trottoir. Xelatina de prata. 1935


Rue d´Astorg. ca 1936. Fotomontaxe. Xelatina ao bromuro de prata 


Nusch Eluard. 1935












No hay comentarios:

Publicar un comentario