BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


sábado, 7 de febrero de 2015

Mostra ARTE E SANIDADE

 Actualmente temos na nosa cidade unha mostra que conmemora  o  25 aniversario da creación do hospital do Meixoeiro, “ARTE E SANIDADE”, que conta coa participación de traballadoras e traballadores de diferentes categorías profesionais, sanitarios e non sanitarios de atención  primaria e especializada, que reflicte asimesmo moita diversidade no estilo e técnicas utilizadas por quenes participan na mostra.


  O cartaz da mostra, deseñado polo artista Xosé Luis Otero

 Na exposición, que busca un espazo de encontro que permita achegar á cidadanía as obras de profesionais da sanidade, atópanse varias alumnas da ESCOLA DE ARTES E OFICIOS DE VIGO, que amosan a importancia da formación que a escola ofrece á cidade. Alí estivemos apoiando as nosas artistas, parte do alumnado de Pintura e dúas profesoras, Rosa García, mestra de escultura e eu mesma.
 Estas son as fotos da mostra co alumnado da escola e doutr@s participantes .


Loli Carballo e a peza Dualidad, realizada en madeira, na actualidade alumna de Escultura e Talla en madeira e exalumna de Pintura


Cheché Álvarez, exalumna de Pintura, e as súas pezas Pintar sen papeis, en técnica mixta, que formaron parte da mostra de Aula Aberta do ano 2013


Esperanza Martínez Peniza, exalumna de Serigrafía que cursa na actualidade iniciación na aula de Pintura, coa  peza Anémona, un óleo sobre lenzo


Marila Pequeño, coa peza Composición 55, realizada en técnica mixta, exalumna de debuxo


Flora Villar Ferreiro, cunha serigrafía, Shaka, exalumna de Escultura e Talla en madeira e de Serigrafía


Ante a peza Lluvia en el campo, óleo sobre lenzo de Sergio Ananín Fernández, co autor e Teruca Cendón


Diversos amigos coa peza de Iria Blanco (a esquerda da foto), Investigando, acrílico sobre tea


        Alumnado de Pintura ante a peza de Loli Carballo





2 comentarios: