BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


lunes, 9 de febrero de 2015

MARLENE DUMAS (Parte III)


The woman of algiers, 2001


Inmaculate. 2003

 A súa obra mantén en moitas ocasións unha aparencia inacabada, con trazos lixeiros e pouco certeiros que impiden un completo discernimiento, a medio camiño entre o esquematismo do debuxo e a composición depurada, a medio camiño entre o perceptible e o oculto.
 Marlene Dumas alardea da súa falta de rubor, do seu descaro para someter as imaxes que toma prestadas e trasladalas a un territorio que mestura o sórdido e o confuso.

Anonymus. 2005


Moshekwa.2006.Óleo


The blindfolded man.2007. Óleo

 Hai unha sensación dramática que empeza por atisbarse pero que permanece por un tempo nun estado nebuloso que se disipa a medida que tomamos noción do tema en cuestión. A comprensión final do suxeito vén dado pola nosa asimilación dos títulos que dá ás súas obras pois, desde principios das súas carreira, a artista é moi afeccionada á linguaxe, ao grafismo e á mensaxe explícita. Dumas admite non distinguir entre un tema tabú e un convencional pois di non atopar esa fronteira. A este respecto convén dicir que a exposición titúlase “Suspect” e que unha parte importante da obra de Dumas trata o xénero do retrato. Ao contemplar esas figuras que nos escrutan vémosnos/vémonos obrigados a preguntarnos Quen é o sospeitoso? Non sabemos si debemos mirar á figura en ton acusador ou ruborizarnos ao pensar que podemos pecar.
 Contemplar algunhas das pinturas de Marlene Dumas supón vivir nun clima de intranquilidade. De Elizabeth Peyton dixo: “Ela pinta xente agradable....Eu non”.

Helena´s dream.2008.óleo


Selfportrait noon. 2008


The sleep of reason. 2009

No hay comentarios:

Publicar un comentario