BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 28 de enero de 2015

MARLENE DUMAS (Parte I)


  Nacida en Ciudad del Cabo o 3 de agosto de 1953, Dumas é unha artista sudafricana que traballa en Ámsterdam. A súa proposta artística consiste en enfatizar a realidade física do corpo humano tanto como o seu valor psicolóxico, pois Dumas  pon aos seus suxeitos nos límites extremos do ciclo vital, desde o seu nacemento ata a norte, no emprego do figurativo coma un medio para criticar as ideas contemporáneas sobre a identidade racial, social e sexual.

De 1972 a 1975 asistiu á Universidade de Ciudad del Cabo, onde obtivo a licenciatura en Artes Visuais. Desde o ano 1978 realiza exposicións e é unha das artistas máis admiradas de Holanda, representando no ano 1995 a este país na Bienal de Venecia e no ano 1996 a Tate Gallery exhibiu unha selección das súas obras sobre papel.

 
Die baba. 1985

 
Julie. The woman. 1985

 
The theacher.1987. Óleo
 
Traballando case exclusivamente a partir de fontes fotográficas, Dumas extrae o seu material a partir dun arquivo en continuo desenvolvemento de fotografías persoais e imaxes arrincadas de revistas e xornais, aínda que tamén ten realizado interpretacións de obras de artistas expresionistas como Kirchner. As súas pinturas non son unha interpretación literal das súas fontes fotográficas. O tamaño pequeno das obras e a presentación delicada, convérteas nun retrato da intimidade.
 
 
The turkish.1987. Óleo
 
 
Mechanic. 1991
 
 
Moeder y Baba. 1989
 
 Ao desposuír o suxeito da súa imaxe pública e a súa importancia histórica, Dumas déixanos cunha crítica cara á política e a identidade.
 
 
Young boys. 1993

 
Cover Up. 1994

 
Chlorosis.1994
 

 
Thinking about Africa. Tinta, làpis e collage sobre papel..1991
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario