A pasada semana o departamento de Artes
Plásticas –aulas de Pintura e Escultura- da Escola de Artes e Oficios de Vigo, organizou dúas visitas conxuntas a exposición
de Tino Canicoba: LA PUTA VIDA.
O artista ante a peza O BÉBEDO, madeira de castiñeiro. 2014
Tras a presentación pola miña parte da proposta
estética do artista e diversos comentarios técnicos de Rosa, a profesora de
escultura, Tino respondeu as múltiples preguntas que o numeroso alumnado
fíxolle con respecto a súa obra sobre o emprego da cor, o evidente alongamento
das súas pezas, o expresionismo, (que
abrangue tamén unha certa mirada humanista cara á realidade social non exenta
de dramatismo) e a súa experiencia artística como tallista e ensamblador nas
pezas feitas en madeira, entre outras moitas preguntas, que amosou o evidente interese
do alumnado pola obra de Canicoba.
A mostra de CANICOBA, presenta pezas case
exclusivamente realizadas no último ano en madeira policromada, asemade
dalgunha peza anterior en pedra e metal.
Deixovos aquí, algunhas das fotografías que
fixemos neses dous días.
Ante a peza SAÍNDO DE MISA, madeira.
O saxofonista
Alumnado ante a peza LA PUTA VIDA, madeira. 2014
Facendo fotos da peza PASEANDO A TOBI.
Alumnado de escultura observando PASEANDO A TOBI.
Ante a peza A NAI
Escoitando ao artista
O numeroso alumnado
Ante a peza O PEDIGÜEÑO
Alumnado de pintura ante o MUTILADO DE GUERRA, madeira. 2012
De novo ante a peza SAÍNDO DE MISA.
O alumnado escoitando, entre eles a peza A CANTANTE.
A cabeza de LA PUTA VIDA, madeira. 2014
Un grupo do alumnado de pintura ante a peza Alzheimer, madeira. 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario