BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


lunes, 10 de noviembre de 2014

MARÍA BLANCHARD (Parte II)


Retrato de María Blanchard por Tora Vega Holmström. 1912

  TERCEIRA ETAPA: PARÍS E O CUBISMO

 En 1916 María Blanchard abandonou definitivamente España, cambiando a seguridade dunha cátedra de debuxo na Escola Normal de Salamanca e a protección da familia por estudo no barrio de Montparnasse. Ela volvera a París tamén para combater, e o seu combate estaba nas trincheras da vanguardia artística. Ese mesmo ano comeza a súa colaboración con Léonce Rosenberg, director da galería L´Effort Moderne, que acolle o máis destacado do movemento cubista. A súa obra tamén se verá colgada no Salon d´Antin, no ano 1919 xunto a artistas consagrados como Matisse e Derain e outros por consagrar como Modigliani ou Léger.
 De feito María pinta meses anos moitas obras cubistas e expón no ano 1920 no Salón dos Independentes de París tres obras: Nature morte, Nature morte e L´Enfant au berceau, obras que xa figura como propiedade de Léonce Rosenberg, marchante da artista, aínda que será neste ano, 1920, cando rompen relacións. Expón na colectiva Cubismo e Neocubismo organizada pola revista Seléction en Bruxelas onde contacta co grupo de marchantes denominado Ceux de Demain formado por Jean Delgouffre, Frank Flausch e Jean Grimar, quen se ocuparán da súa obra anos máis tarde e serán non só os seus marchantes senón amigos en cuxo contorna familiar sentirase segura. Tamén no 1920, participa nunhadas poucas exposicións que realizou en España, la Exposició dárt francés d´avantguarda, nas Galerías Dalmau de Barcelona.



Composición cubista. Óleo e collage. 1919. 


Natureza verde con lámpada. 1916-17


Muller con abano.1913-16

 Nesta obra, o motivo se descompón en múltiples planos que fan referencia a outros tantos puntos de vista, ao tempo que a gama cromática inclúe os máis vivos tons. Blanchard realizou outra versión da obra, porén tamen existen outros casos como este, nos que a pintora repite dúas veces o mesmo tema con diversas variacións, que emparellan Femme à la guitare (Musée du Petit Palais, Ginebra, 1917) coa Mujer con guitarra (1917) do Museo Reina Sofía ou Composicion con personaxe (Colección Masaveu, 1917) con L'enfant au cerceau, tamén datado en 1917.


Muller con mandolina. 1916


Natureza morta. 1918

 Blanchard produce obras dun cubismo (según algún expertos e críticas de arte) moi persoal,  e máis libre na interpretación dos temas que artistas como Picasso, Braque ou Gris, máis a inxustiza dun mundo da arte dominada por homes chegou ata tal punto que algunhas obras de Blanchard atribuísense durante moitos anos a Juan Gris. De feito, María traballa en igualdade de condicións que os seus compañeiros de andaina masculinos. Será quizais a súa deformidade a que a afastou de convertela nun obxecto? (podemos falar de artistas como Leonora Carrintong ou Dora Maar, fagocitadas polos seus compañeiros) De feito a súa enfermidade converten a súa experiencia estética en algo paradóxico, pois posúe unha independencia e liberdade no seu traballo que a convirten en suxeito activo da arte, pois se ben é certo que o seu aspecto condicionou a súa vida, non o é menos que a súa forte personalidade e a súa dura existencia forxaron o respecto dos seus compañeiros, quen chegaron a aceptala como un máis, nun medio culturalmente dominado polos homes. De feito, María  chegou a compartir estudo e vivenda con artistas como Juan Gris ou Diego de Rivera, cos que fixo diversas viaxes por Europa e cos que compartía tamén faladoiros artísticos nos círculos parisinos.
 Será tamén nestes anos cando escomece a súa amizade con  André Lhoté, quen practicaba también o cubismo e exercía como crítico. Debido as duras condicións de vida nese anos de guerra, María  instálase na casa de campo que Lhote tiña en Étréchy, ata que co armisticio se reanudará a actividade artística parisiense, polo que un ano despois, no 1919, a pintora inaugurará a súa primeira exposición individual en L’Effort Moderne, con escasa sorte pois Rosenberg decide rescindir  o seu contrato. Será entón cando Blancard comeza a elaborar unha sorte de persoaxes tráxicos, ensimismados e rodeados de soidade e valeiro. Lhote, conmovido pola forza destas obras, a pon en contacto co marchante Girardin. Será grazas a Lhote, quen convence a marchante para que envíe a obra da artista ao Salon des Indépendants, quen ofrece o seu primer gran éxito a Blanchard no ano 1921. No salón, o rostro atormentado de “A comulgante” (parece ser unha obra realizada anos antes en Madrid) xorde como unha revelación, conmocionando tanto á crítica como aos seus colegas. Segue mantendo  neses anos a súa amizade con Gris e entabla relación con Metzinger, o crítico Maurice Raynal e o poeta chileno Vicente Huidobro. 





MARIA BLANCHARD E O CUBISMO on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario