BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


sábado, 29 de noviembre de 2014

O RENACEMENTO: RAFAEL SANZIO (Parte I)


O seu xenio  relacionase coa asimilación creadora, pois apóiase no estilo dos seus predecesores e contemporáneos, pero faino fundindo eses estilos á luz da súa propia personalidade nacida baixo o signo da proporción e da medida, da beleza ideal e da elegancia.

 É evidente a súa tendencia idealizadora. Busca a representación da beleza ideal mediante a utilización equilibrada da liña, o volume e a cor. As súas obras caracterízanse pola claridade compositiva e pola dulzura: fronte á sabedoría de Leonardo e a forza de Miguel Anxo, en Rafael destaca a dulzura. Sorprende, por outra banda, a súa perfección, o seu virtuosismo formal, así como a súa gran capacidade para sintetizar o relixioso e profáno, a Antigüidade mitolóxico-politeísta e o Cristianismo monoteísta.
 Naceu en Urbino, na Italia central, unha localidade pequena, pero importante desde o punto de vista artístico, onde o seu pai Giovanni Santi era pintor da corte do duque. Na pequena corte de Urbino, Giovanni foi integrado no círculo íntimo da familia nun grado superior ao que era habitual noutras cortes italianas, baixo un goberno con importante centro de cultura literaria e artística. Crecer no seo desta pequena corte deulle a Rafael a oportunidade de aprender os xeitos puídos e as habilidades sociais tan encomiadas nel por Vasari.
A vida cortesá de Urbino nesta época sería pouco despois considerada por Baldassare Castiglione, (na súa obra “O Cortesán” de 1528), como modelo de virtudes dunha corte humanista italiana. Castiglione instalouse en Urbino no ano 1504, cando Rafael xa non residía nela; con todo, visitábaa moi a miúdo, o que deu como resultado unha extensa amizade. Outros visitantes habituais da corte tamén se converteron nos seus amigos: Pietro Bibbiena e Pietro Bembo, nomeados ambos cardeais máis tarde, eran coñecidos entón como bos escritores que viviron en Roma ao mesmo tempo que Rafael. 


Retrato de Castiglione realizado por Rafael.1515

 A influencia de Perugino nas súas primeiras obras é moi evidente: "probablemente ningún outro discípulo de talento absorbera os ensinos do seu mestre como o fixo Rafael, aínda comparándoo con Leonardo dá Vinci e Miguel Anxo", segundo Wölfflin.
 Asemade da similitude estilística, as súas técnicas eran tamén moi similares, por exemplo na densa aplicación da pintura, co uso dun medio a base de verniz, nas sombras e os adornos escuros, pero cunha aplicación máis lixeira nas partes de carne. Con todo, o exceso de resina no verniz, causou a miúdo grietas en áreas das pinturas de ambos mestres.


 Durante os seguintes anos pintou obras para outras igrexas, incluíndo a Crucifixión Mond, ao redor de 1503 e Os desposorios da Virxe da Pinacoteca dei Brera, así como obras para Perugia, como o Retablo Oddi, A anunciación, A Adoración dos Magos e A coroación da Virxe, entre 1501-1503. Posiblemente tamén visitou Florencia nesta época. Trátase de obras grandes (algunas feitas en témpera) algunhas delas como frescos, nas que Rafael limita a composición ao estático estilo de Perugino.
 
 
Crucifixión Mond

 
Os desposorios da Virxe
 
 
A Anunciación

 
A adoración dos Magos

 
A coroación da Virxe

 
 



lunes, 24 de noviembre de 2014

MARIO GRANELL na PINACOTECA FERNÁNDEZ DEL RIEGO en Vigo

 Aproveitando a saída á mostra de Tino Canicoba, o alumnado de Pintura fixo unha visita guiada a mostra de Mario Granell  e a diversas salas da Pinacoteca, para estudiar “in situ” as obras de abstracción xeométrica de diversos pintores galegos.


Obra de Granell dos anos 70

  Na pranta baixa da pinacoteca fixemos un percorrido pola obra de Mario Granell, desde os seus primeiros anos, onde apréciase unha pincelada expresiva de formas alongadas en diversas técnicas –óleo, ceras e lápiz- ata as súas obras dos anos 70, de cores planas, gamas reducidas e influencia dos planos cubistas nun mundo de marcado carácter surrealista, para rematar nas pezas dos anos 80 de tendencia claramente abstracta, onde a  reducción formal está moi presente. As obras se distribuen por cinco salas e percorren desde a nenez e xuventude de Granell en Compostela e Madrid, ata o seu paso pola cárcere tras estalar a Guerra Civil,  as súas vivencias no Vigo da posguerra, a etapa en Venezuela na que triunfa en todos os ámbitos e desenvolve a súa obra máis potente, e o seu retorno a Vigo en 1981.


Obra de Granell dos anos 70


Obra de Granell, Xardines siderais. Anos 80

Nas seguintes fotografías, explicando e observando entre outros a obra de Luis Caruncho, Molezún e Xosé María de Labra, pintores pertencentes a abstracción xeométrica, estilo que estamos a traballar na actualidade na aula co grupo de segundo ano.












domingo, 23 de noviembre de 2014

TINO CANICOBA: LA PUTA VIDA

 A pasada semana o departamento de Artes Plásticas –aulas de Pintura e Escultura- da Escola de Artes e Oficios de Vigo,  organizou dúas visitas conxuntas a exposición de Tino Canicoba: LA PUTA VIDA.


O artista ante a peza O BÉBEDO, madeira de castiñeiro. 2014

 Tras a presentación pola miña parte da proposta estética do artista e diversos comentarios técnicos de Rosa, a profesora de escultura, Tino respondeu as múltiples preguntas que o numeroso alumnado fíxolle con respecto a súa obra sobre o emprego da cor, o evidente alongamento das súas pezas, o expresionismo,  (que abrangue tamén unha certa mirada humanista cara á realidade social non exenta de dramatismo) e a súa experiencia artística como tallista e ensamblador nas pezas feitas en madeira, entre outras moitas preguntas, que amosou o evidente interese do alumnado pola obra de Canicoba.
 A mostra de CANICOBA, presenta pezas case exclusivamente realizadas no último ano en madeira policromada, asemade dalgunha peza anterior en pedra e metal.
 Deixovos aquí, algunhas das fotografías que fixemos neses dous días.


Ante a peza SAÍNDO DE MISA, madeira. 


O saxofonista


Alumnado ante a peza LA PUTA VIDA, madeira. 2014


Facendo fotos da peza PASEANDO A TOBI.


                                            Alumnado de pintura ante a peza O SUICIDA


Alumnado de escultura observando PASEANDO A TOBI.


Ante a peza A NAI


Escoitando ao artista


O numeroso alumnado


Ante a peza O PEDIGÜEÑO


Alumnado de pintura ante o MUTILADO DE GUERRA, madeira. 2012


De novo ante a peza SAÍNDO DE MISA.


O alumnado escoitando, entre eles a peza A CANTANTE. 


A cabeza de LA PUTA VIDA, madeira. 2014


Un grupo do alumnado de pintura ante a peza Alzheimer, madeira. 2014




TINO CANICOBA on PhotoPeach

domingo, 16 de noviembre de 2014

MARÍA BLANCHARD (Parte III)


Retrato de María por TORA VEGA HOLMSTRÖM

 CUARTA ETAPA: PARÍS E O RETORNO Á ORDE
 Tras comezar a década dos anos 20, como outros moitos artistas María abandona o cubismo. De feito, a traxedia da Primeira Guerra Mundial fixo que os artistas volvesen a súa mirada cara á arte clásica, como algo sólido, durable, imperecedero. Trátase en realidade dunha volta á orde que se inicia en Italia, a través do grupo Valori Plastici, en Alemania a través da Nova obxetividade e nos demais países europeos, a través de achegas individuais. Ao grupo de artistas que xorde en Francia, denominóuselles Os evadidos do cubismo (Tabarant) ou os Tránsfugos do cubismo (Vauxcelles).



Campesiña. 1922. Carboncillo sobre papel canson.


A nena do brazalete. 1922


A cociñeira. 1923


Maternidade. 1924

 Preséntase de novo no Salón dos Independentes de París en 1922 con dúas obras A femme au chaudron e A femme au panier, obtendo igualmente un gran éxito de crítica. Expón vinte e unha obras na Galería Centaure de Bruxelas entre os días 14 e 25 de abril de 1923, organizada por Ceux de Demain; a presentación do catálogo corre a cargo do seu amigo e pintor André Lhote; as críticas non poden ser máis elogiosas, co que se lle abre un importante mercado en Bélgica. Asina un duro contrato co seu marchante Lheon Rosemberg, o que lle supón unha certa seguridade económica.


O neno do carro de xelado. 1924


Maternidade. 1925


A convalecente. 1925. Pastell sobre cartón


A bordadora. Óleo sobre lenzo. 1925

 Distanciada de Juan Gris desde fai uns anos, a súa morte provócalle unha gran dor, que se transforma nun abatimiento xeral e un grave estado depresivo. É unha etapa de misticismo, de entrega relixiosa, que lle move a pensar en entrar a un convento, algo do que é disuadida polo  pai Alterman. Malia as súas crises relixiosas persoais, María segue pintando incansablemente, obras cunha temática marcada pola súa propia condición  física: personaxes enfermos e doentes, envoltos en  ambentes tristes e meditativos.

 Tras exponer de novo en Bruselas na Galerie Ceux de Demain no ano 1927, expón por última vez no Salón dos Independentes de París mostrando catro pinturas: Portrait, Portrait, Femme assise e Le buveur. Malia o seu estado de saúde, viaxa a Bruxelas e posteriormente a Londres. Expón na galería Vavin de Parides. Pinta “San Tarcisio”, de profundo e auténtico sentido relixioso. O 26 de maio de 1930, Paul Claudel visita o seu estudo, quedando impactado por ese cadro ao que dedicará en 1931 unha poesía. A proposta artística deses anos céntrase cara a unha figuración renovada, ao contraxeito, pintando retratos, nenos e escenas da vida cotiá, cargadas de certas doses de traxedia. Este cambio ten tamén consecuencias nun maior illamento e reclusión internas. As súas pinturas son ás veces incisivas, punzantes con temas que pola súa propia natureza levan á compaixón: a pobreza na infancia, a angustia dos desamparados, mulleres desvalidas e doentes, pícaros sobre os que pousa unha mirada de cor delicado e sombrío e de ritmos angulares.



Nena orando. 1926


Muller botando as cartas. 1926


Muller peinándose.1927

 Os seus últimos anos de vida estiveron sumidos nunha enorme tristeza e grandes penurias económicas (tiña a varios familiares ao seu cargo), ata que morre en Parides en 1932 de tuberculosis. O seu enterro, como a súa vida, non puido ser máis sinxelo, sendo enterrada no cemiterio de Bagneux acompañándoa na súa última viaxe, Francisco Pompey, André Lhote, César Abín, Angelina Beloff, Isabel Riviére e parte da súa familia; xunto a eles un gran número de indigentes e vagabundos aos que a artista auxiliara ao longo de moitos anos. O Ateneo de Madrid adícalle dous meses despois da súa morte, unha homenaxe na que participaron Lorca, Gómez de la Serna e Concha Espina.

 As exposicións retrospectivas sobre a artista foron moi escasas, podendo destacar, polo seu carácter científico, as tres seguintes: a primeira na Galerie L´ Institut de París en 1955 en torno á súa etapa cubista; a segunda, de carácter retrospectivo, no Musée de Beaux-Arts de Limoges en 1965, comisariada por Marie-Madeleine de Gabrielli, e a terceira igualmente antológica, con motivo do centenario do seu nacemento, no Museo Español de Arte Contemporánea, organizada polo Ministerio de Cultura, que supuxo a presentación por primeira vez en España de toda a súa produción.



Muller tumbada.1928



A bretona. 1928-30

Información sobre a artista na rede:



lunes, 10 de noviembre de 2014

MARÍA BLANCHARD (Parte II)


Retrato de María Blanchard por Tora Vega Holmström. 1912

  TERCEIRA ETAPA: PARÍS E O CUBISMO

 En 1916 María Blanchard abandonou definitivamente España, cambiando a seguridade dunha cátedra de debuxo na Escola Normal de Salamanca e a protección da familia por estudo no barrio de Montparnasse. Ela volvera a París tamén para combater, e o seu combate estaba nas trincheras da vanguardia artística. Ese mesmo ano comeza a súa colaboración con Léonce Rosenberg, director da galería L´Effort Moderne, que acolle o máis destacado do movemento cubista. A súa obra tamén se verá colgada no Salon d´Antin, no ano 1919 xunto a artistas consagrados como Matisse e Derain e outros por consagrar como Modigliani ou Léger.
 De feito María pinta meses anos moitas obras cubistas e expón no ano 1920 no Salón dos Independentes de París tres obras: Nature morte, Nature morte e L´Enfant au berceau, obras que xa figura como propiedade de Léonce Rosenberg, marchante da artista, aínda que será neste ano, 1920, cando rompen relacións. Expón na colectiva Cubismo e Neocubismo organizada pola revista Seléction en Bruxelas onde contacta co grupo de marchantes denominado Ceux de Demain formado por Jean Delgouffre, Frank Flausch e Jean Grimar, quen se ocuparán da súa obra anos máis tarde e serán non só os seus marchantes senón amigos en cuxo contorna familiar sentirase segura. Tamén no 1920, participa nunhadas poucas exposicións que realizou en España, la Exposició dárt francés d´avantguarda, nas Galerías Dalmau de Barcelona.



Composición cubista. Óleo e collage. 1919. 


Natureza verde con lámpada. 1916-17


Muller con abano.1913-16

 Nesta obra, o motivo se descompón en múltiples planos que fan referencia a outros tantos puntos de vista, ao tempo que a gama cromática inclúe os máis vivos tons. Blanchard realizou outra versión da obra, porén tamen existen outros casos como este, nos que a pintora repite dúas veces o mesmo tema con diversas variacións, que emparellan Femme à la guitare (Musée du Petit Palais, Ginebra, 1917) coa Mujer con guitarra (1917) do Museo Reina Sofía ou Composicion con personaxe (Colección Masaveu, 1917) con L'enfant au cerceau, tamén datado en 1917.


Muller con mandolina. 1916


Natureza morta. 1918

 Blanchard produce obras dun cubismo (según algún expertos e críticas de arte) moi persoal,  e máis libre na interpretación dos temas que artistas como Picasso, Braque ou Gris, máis a inxustiza dun mundo da arte dominada por homes chegou ata tal punto que algunhas obras de Blanchard atribuísense durante moitos anos a Juan Gris. De feito, María traballa en igualdade de condicións que os seus compañeiros de andaina masculinos. Será quizais a súa deformidade a que a afastou de convertela nun obxecto? (podemos falar de artistas como Leonora Carrintong ou Dora Maar, fagocitadas polos seus compañeiros) De feito a súa enfermidade converten a súa experiencia estética en algo paradóxico, pois posúe unha independencia e liberdade no seu traballo que a convirten en suxeito activo da arte, pois se ben é certo que o seu aspecto condicionou a súa vida, non o é menos que a súa forte personalidade e a súa dura existencia forxaron o respecto dos seus compañeiros, quen chegaron a aceptala como un máis, nun medio culturalmente dominado polos homes. De feito, María  chegou a compartir estudo e vivenda con artistas como Juan Gris ou Diego de Rivera, cos que fixo diversas viaxes por Europa e cos que compartía tamén faladoiros artísticos nos círculos parisinos.
 Será tamén nestes anos cando escomece a súa amizade con  André Lhoté, quen practicaba también o cubismo e exercía como crítico. Debido as duras condicións de vida nese anos de guerra, María  instálase na casa de campo que Lhote tiña en Étréchy, ata que co armisticio se reanudará a actividade artística parisiense, polo que un ano despois, no 1919, a pintora inaugurará a súa primeira exposición individual en L’Effort Moderne, con escasa sorte pois Rosenberg decide rescindir  o seu contrato. Será entón cando Blancard comeza a elaborar unha sorte de persoaxes tráxicos, ensimismados e rodeados de soidade e valeiro. Lhote, conmovido pola forza destas obras, a pon en contacto co marchante Girardin. Será grazas a Lhote, quen convence a marchante para que envíe a obra da artista ao Salon des Indépendants, quen ofrece o seu primer gran éxito a Blanchard no ano 1921. No salón, o rostro atormentado de “A comulgante” (parece ser unha obra realizada anos antes en Madrid) xorde como unha revelación, conmocionando tanto á crítica como aos seus colegas. Segue mantendo  neses anos a súa amizade con Gris e entabla relación con Metzinger, o crítico Maurice Raynal e o poeta chileno Vicente Huidobro. 





MARIA BLANCHARD E O CUBISMO on PhotoPeach