BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 19 de octubre de 2014

ANTÓN PULIDO. ANTOLÓXICA



Escaleira. 1982. Óleo sobre lenzo

 Dende os seus primeiros anos como artista, no que destaca un autorretrato do ano 1970 ata as súas últimas obras deste ano 2014, a mostra presenta unha axeitadísima representación das obras máis significativas do artista, pasando polas súas obras dos anos oitenta e noventa, moi religadas a un expresionismo europeo cen por cen atlántico e polas súas primeiras “Kermesses” de carácter certamente figurativo, aínda que botamos de menos, (eu polo menos) algún dos seus grabados dos anos 70, en augaforte e carborundum.


Kermesse. 2010. Acrílico sobre lenzo

  A partir das fotografías realizadas na mostra e doutras que fun rescatando do meu arquivo e que están expostas, falaremos da proposta estética de Pulido.


O Berbés.  1978. Óleo sobre lenzo

  Nas obras dos anos oitenta e noventa a súa obra mantén unha forte relación coa estética romántica na creación de paisaxes onde as figuras ailladas e solitarias están en contacto coa natureza desolada ou nos seus interiores, mundos pechados onde habita o silenzo. As figuras ailladas, en cadros violentamente valeiros, están explorando a súa propia relación cos grandes enigmas e respirando ese aire silandeiro e meditativo que permiten a quen os mira -a partir dunha forte carga emocional- un máximo de empatía.


Explicando a peza "Camiño vermello" do ano 1988


Ceo amarelo. 1980. Óleo sobre lenzo


Salmantiga. 1988


Abismo. 1991.Óleo sobre lenzo


O numeroso alumnado ante a peza Abismo.


Músico II. 1992. Técnica mixta sobre lenzo

  Aínda así, eses espazos onde habitan as figuras de Pulido, participan da esperanza, neses camiños que  obrigan a unha participación nunca pasiva na mirada e que nos ofrece unha imaxe da pintura, expresiva e xestual, que aparece tamén nas súas obras máis actuais, nesas “Kermesses” onde achégase a unha abstractización da forma, que en ocasións faise irrecoñecible en signos que están perto dunha linguaxe infantil ou dos grafitti, en trazos simples que mixtúranse con pinceladas dunha cor potente e cun maremagnum de liñas e trazos, que participan da reflexión sobre a arte e o proceso creativo.


Camiñante VII. 2005. Técnica mixta sobre lenzo


Un grupo do  alumnado co artista Pulido


O alumnado diante da obra "Kermesse"




ANTÓN PULIDO: Escolma de obras on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario