BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 22 de octubre de 2014

ANTÓN PATIÑO. OCÉANO



Instalación. 2014

 A mostra de  Antón Patiño, Océano, é moito máis cunha exposición, pois o artista, prántéxanos unha achega  a temática vinculada no mar na súa pintura, a partir dunha instalación no espazo do  Museo do Mar, con obras de décadas anteriores, recentes e pezas feitas en exclusiva para este espazo. Esta mostra é asemade, un achegamento conceptual a ese sentimento oceánico que aparece desde os anos oitenta na obra de Patiño, a partir de  recursos abstractos que tentan suxerir emocións propias dunha paisaxe mítica e os seus procesos sensoriais.


Fragmento de MEMORIA BRANCA

 Existe unha  vocación táctil no emprego do verniz, relevos a partir de distintas capas de cor, verquidos, dripping ou impastos, en varios soportes que configura un relato pictórico, que é, en moitas ocasións doloroso, como nas obras que  lembran ao desastre do Prestige, pero que busca afondar na memoria emocional do espectador.


MAREA NEGRA. Técnica mixta sobre lenzo

 A partir das fotografías falaremos das pezas que aparecen como: Redes, Marea negra, Inventario de escumas, Memoria subacuática, Ollos de boi e Arquivo da desfeita.


Ante a peza ARQUIVO DA DESFEITA

Presenta un rexistro das diferentes contornas das pegadas do chapapote sobre unha chea de ´taboas nas queforon  colocadas as manas negras doalcatrán, e que está acompañada do "Caderno do Prestiga" nunha pantalla.


Coa peza INVENTARIO DE ESCUMAS


OLLOS DE BOI

Unha ringleira de ocos (tondos), que aluden a xanelas abertas ao infindo mariño en pezas que aluden a estética do valeiro en pinceladas leves con técnica mixta.


MEMORIA SUBACUÁTICA

Presenta un extenso panorama das profundidades mariñas de case seis metros de longo, que pretende rodear a quen o mire cun rexistro de masas orgánicas e fosforescencias verdes e azuis.

 Nestas pezas, as pegadas e signos soterrados coma unha escrita no lenzo, son como o lugar da batalla do artista na soidade do seu propio territorio mental, atacando o soporte a partir deses movementos acuáticos para proxectar as súas emocións nese espazo pictórico no  que a pintura aparece en distintos soportes onde  fusiona xestos amplos e desinhibidos con evocacións simbólicas.


INVENTARIO DE ESCUMAS


MEMORIA BRANCA

Abarca unha superficie de 10 metros de longo que fusiona nunha secuencia onírica a realidade e o xesto sobre un fondo de branco mineralizado no que atópanse graffitis e relampos de verniz, e que acompáñase con catrodados brancos pousados no chan e pintados con símbolos.


REDES

 O feito pictórico aparece na obra de Patiño, como físico e poético simultáneamente, nunha obra que se caracteriza pola intensidade da cor en todas as súas etapas, a excepción do ciclo adicado ás “Mareas negras” (finais años 80) suxerido polas catástrofes no litoral galego, onde predomina unha gama sombría por necesidades de expresividade dramática, dramatismo e escuridade que aparece tamén nas pezas “Noite de treboada” e “Furna do Fingal” , presentes nesta exposición, onde habitan o acougo e ao mesmo tempo o misterio. 


NOITE DE TREBOADA


FURNA DE FINGAL


O alumnado ante a peza MEMORIA SUBACUÁTICA


Ante unha das pezas da mostra 

ANTÓN PATIÑO: Selección de obras on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario