BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 31 de agosto de 2014

PROCESALIA: CIDADE DE VIGO


 A mostra Procesalia: Cidade de Vigo, producida polo Concello de Vigo, a través da súa Rede Museística e organizada por Desprogal, Gestión Cultural é o último proxecto comisarial de Monse Cea, que realiza a súa proposta en dúas sedes diferentes: A Casa das Artes e o Verbum, a Casa das Palabras. A montaxe terá a peculiaridade de ofrecer información ao público a través de pantallas táctiles dende as que acceder a unha completa web específica da mostra. A publicación conta con información sobre as pezas presentadas e sobre todos e todas as artistas participantes, con enlaces directos aos seus sitios web.

 
MANUEL VIDAL
Paisaxes premeditados. Area, ferro e madeira.2013
 A mostra está formada polas obras de 21 artistas do ámbito galego, nacional e internacional que utilizan formatos procesuais, participativos e discursos que entroncan coas preocupacións das sociedades-marco nas que se xeran as súas obras. As e os artistas participantes son: Xoan Anleo, Nilo Arias, Xohán Brión, Isaac Cordal, Ana DMatos, o colectivo internacional Kónic Thtr –formado por Rosa Sánchez e Alain Bahuman–, Paula Mariño, Carme Nogueira, Renata Otero, Marta Prieto, Montse Rego, Manuel de la Rosa, Rubén Santiago, o xaponés Kai Takeda, o grupo portugués Void formado por Carlos Sena Caires e Jorge Cardoso, Álex Mene e a participación de tres novos valores: Eugenia Suárez, Iñaki Pérez e Manuel Vidal.

NILO ARIAS
Disolución. Instalación. 2014
 Para a comisaria, os alicerces conceptuais nos que se asenta a mostra Son:

A ARTE COMO FERRAMENTA DE REFLEXIÓN SOCIAL Defender unha arte que, en chave poética, estableza nexos coas preocupacións da sociedade-marco nas que esta se crea. Das obras expostas extráense moitas das inquedanzas que atinguen á sociedade actual: a persistente violencia contra a muller, a arte coma forma de resistencia poética e política, a nosa relación coas persoas excluidas ou o impacto dos novos xeitos de comunicación xurdidos ao abeiro da cultura dixital.

ISAAC CORDAL
Cement eclipses.Vídeo. 2012

PAULA MARIÑO
“A fuxida”. Vídeo proxección. 2002

MANUEL VIDAL
Caixa nº 3. Resina e madeira. 2013
MARTA PRIETO
The galloping grils. Instalación. 2013
 
ARTE PARTICIPATIVA Unha mostra na que as e os asistentes non son observadores pasivos, senón público participativo que pode cambiar as pezas interactuando con elas.

ARTE COMO ORGANISMO VIVO O público pode coñecer a arte procesual, unha corrente dentro da arte contemporánea que entende a arte como algo dinámico en constante cambio, vivo e que amosa como foi creado.
RUBÉN SANTIAGO.
Nailed. Obra en proceso sen finalización.2001-2013

EUGENIA SÚAREZ
Objetos temporales. Vídeo proxección
 
 Fotografías das obras expostas na CASA DAS ARTES.
 Información sobre a mostra en:http://procesalia.eu/



 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario