BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


lunes, 4 de agosto de 2014

LALATA. Revista objetual

 
     Pezas, sobre unha obra da serie "A muller-Árbore"

 Dende hai xa varios anos veño colaborando coa revista LALATA, dirixida desde Albacete por Manuela Martínez e Carmen Palacios, unha revista que é en realidade un contedor de obxectos artísticos que se serve dunha lata de uso alimenticio para a súa conservación e distribución, e na que cada serie ten sido realizada a man por uno/unha ou varios/as artistas, polo que non existe unha revista igual a outra. Pode atoparse en diversas bibliotecas de centros de arte, tendas de museos e librerías especializadas, así como en ferias de arte e encontros editoriais, pois a Lalata é mutante, híbrida e anfibia.
 Este ano a proposta titúlase: Mucho ruido, objetos protesta.
 A miña proposta (como todas cun máximo de medida de 5 x 5 cm), está realizada sobre papel e leva unha impresión dos meus beizos cun lápiz de labios, e un clip que os sela como protesta contra a liberdade de expresión e que remítese tamén a sumisión que a sociedade patriarcal obriga a moitas mulleres en todo o mundo.
 Titulei as pezas (160 pequenas pezas en total): “Artiluxio inquisitorial para provocar o silenzo”.
 As fotografías amosan o proceso creativo.

 
Pintando os beizos
 
 
Estampación sobre o papel
 
 
Selado da imprimación

 
Varias pezas co berníz

 
Peza finalizada

 
Varias das pezas xa rematadas listas para o seu embalaxe
 
Máis información sobre LALATA: http://www.lalata.es/
 
 
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario