BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 11 de junio de 2014

"O TEATRO EN GRANELL", na Escola de Artes e Oficios de Vigo.

O martes 10 de xuño na ESCOLA DE ARTES E OFICIOS DE VIGO, tivemos unha representación teatral magnífica do alumnado de Repertorio da ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO, entre os que atópase a miña alumna de primeiro ano Mª Carmen Rosendo.
  Houbo tanta xente que a escola quedouse pequena. Grazas a tod@s, ao alumnado,  a María e Isabel, á bibliotecaria, María Xesús que estivo colaborando desde o primer momento coas actores e actrices, ao profesorado que asistiu e que quere que a nosa escola sexa a mellor. FOI UNHA FESTA!

 E o meu agradecemento especial ao alumnado da Escola Municipal de Teatro, quen coa obra "O Teatro en Granell", representou dúas pezas. A primeira baseada no cadro "Os lamentos das mulleres soas", foi representado no patio; a segunda obra baseabase nos cadros "A formación da metádora" e "A batalla académica das palabras negras" e tivo lugar nunha hemeroteca.
 PARABÉNS a tod@s!

 As fotos amosan o que aconteceu.

 
O alumnado de Pintura colaborando cos papeis

 
Alberto e Rambozzi, na montaxe

 
O director da segunda peza, na mañana, montando

 
Mª Carmen, a miña alumna

 
Parte do elenco da primeira peza

 
Parte do alumnado de Pintura na rúa: Cata, Santiago, Jose, Eugenio, Lorena e Uxía

 
A montaxe desde a aula de Pintura

 
O actor Carlos Pérez no seu papel de Granell

 
O numeroso público na entrada

 
Representación da primeira peza no patio

 
Representación da segunda peza na hemeroteca, nunha vista desde arriba

 
Representación da segunda peza na hemeroteca

 
O elenco ao final, recibindo os aplausos do público


 
 
 
 
 

 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario