BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


lunes, 12 de mayo de 2014

PAULA REGO: A VONTADE SUBVERSIVA E LIBERADORA. (Parte I)

 
Autorretrato
 
 Pintora e ilustradora, Paula Rego naceu en Lisboa  no ano 1935  no seo dunha familia adiñeirada durante os anos do réxime de Salazar, o que quizais fose unha primeira influencia para os seus posteriores personaxes, sinistros e dominantes. Enviada a estudar a St Julian's School, Carcavelos, Portugal despois ingresou na prestixiosa Slade School of Art de Londres, onde foi alumna de William Coldstream. Na Slade School coñeceu ao tamén artista Victor Willing, con quen contraeu matrimonio. Ambos dividiron o seu tempo entre Portugal e Inglaterra ata 1975, cando se trasladou definitivamente ás illas británicas. En 1988 Willing morre logo de sufrir durante anos de esclerosis múltiple. Suegra de Ron Mueck esta influiralle para pasar dos seus traballos en empresas de efectos especiais á arte dentro das galerías. En 1989 entrou na lista de candidatos ao premio Turner e en 2005 concedéuselle o grado de doutor honoris de letras pola Universidade de Oxford.

 
Salazar vomiting the homeland, 1960
 
Os seus primeiros traballos datan das décadas de finais dos anos 50, 1960 e 1970, neodadaístaou estilo informal e realiza pinturas e collages políticos alimentados polo odio para coa dictadura  de Salazar realizados como se foran un monólogo interior.Mestura diferentes técnicas con pintura e collage, xoga con imaxes infantís, fetichistas e traumáticas, as cales serían fundamentais no seu estilo de madurez.
 
 
Iberian Dawn.1962
 
 
The exile. 1963
 
 
Cães Vadios (Cães de Barcelona), 1965, collage e óleo sobre Tea.

 
 Stray Dogs (The dogs of Barcelona). 1965

 
The firemen or alijo.1966. Acrílico, pastel e grafito sobre papel
 
Formou parte do London Group, con quen participou en exposicións colectivas xunto a artistas como David Hockney e R. B. Kitaj, aínda que Rego desenvolveu un estilo máis ilustrativo e figurativo.
 
S/T. Lápis de cores sobre papel. 1970
 
 
S/T. Lápis de cores sobre papel. 1970


S/T. Lápis de cores sobre papel. 1970
 
 
S/T. Acrílico sobre papel.1970
 
 

 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario