BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 7 de mayo de 2014

A FUNDACIÓN LAXEIRO E O MUSEO MARCO, visitas do alumnado de Pintura

Os días 29 e 30 do mes de abril, o alumnado de Pintura realizou visitas a diversos centros de arte da nosa cidade. Como o grupo é moi numeroso, tivemos que facer as visitas en dous días. Os dous  centros escollidos debido a calidade das súas mostras foron o museo MARCO  e a  Fundación Laxeiro.
 No museo MARCO, fixemos unha visita guiada polo persoal do museo á mostra  "HISTORIA. MIRADAS DE ARTISTA", onde oito artistas que traballan co vídeo e a fotografía realizan unha mirada distinta e individual para falar dos feitos históricos, e para reflexionar sobre eles dun xeito distanciado, en pezas na que a realidade e a ficción se esvaecen. Pareceunos a todas e todos moi interesante a mirada feminista que sobre a obra de Gericault "A liberdade guiando ao pobo" fai a artista CRISTINA LUCAS nun vídeo que impacta desde o seu primer fotograma.


 
 
Na FUNDACIÓN LAXEIRO, asistimos a dúas mostras: por  unha  parte dentro do Ciclo Os Renovadores II, puidemos facer un percorrido sintético pola traxectoria de ARTURO SOUTO, nunha selección de pezas na que están presentes as claves da plástica deste astista como: a estética granítica, no emprego da textura e dunha gama cálida; a presenza da influencia da etapa rosa de Picasso na obra "A farándula"(1931), na que aparecen o desacougo existencial e unha certa melancolía; e a importancia das máscaras e o espantallo, que religan a este artistas coas vangardas do momento e con artistas como De Chirico e Maruja Mallo.
 
 
A farándula (1931)

 
Tamén realizamos un percorrido pola obra de Laxeiro, que na colección da Fundación presenta obras tan salientables como o seu autorretrato do ano 1952, Hans de Islandia (1966) e a peza "A vida" (1968).
 
 
Autorretrato (1952)
 
 
Hans de Islandia. 1966

 
A vida (1968)
 
 
O director da Fundación Xavier Buján falando da obra de Laxeiro.
 
FOTOS DE GRUPO
 

 
O noso agradecemento ao persoal do Museo MARCO, e ao Director da Fundación LAXEIRO, Xavier Buján así como a Ramón Illari e Lola Villar. Grazas por facernos unha visita guiada tan profesional e tan agradable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario