BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 27 de abril de 2014

HILMA AF KLINT,UNHA CREADORA PARA O FUTURO (Parte II)

 
 
Foto de Hilma na súa mocidade
 
 Entre os anos 1896 e 1906, debido á morte da súa irmá, asiste a encontros de espiritismo. Será no ano 1892, estudando na Academia de Belas artes cando coñece a outra artista, chamada Anna Cassel, e xunto a tres amigas máis crean “As cinco”. Este grupo comeza a reunirse e a realizar unha especie de sesións de espiritismo, nas que utilizaban a arte ou os debuxos como medios de expresión e comunicación co máis aló. É interesante suliñar que estas técnicas serán despois utilizadas polos surrealistas como o cadáver exquisito (elas o facían debuxando, no canto de escribir) e os debuxos automáticos.

 
Caos nº 2.1906 

 No ano 1906,  comeza a traballar en “Os cadros para o templo”, que comprenderá diferentes series e grupos de pinturas sobre varios temas. Hilma, quen creou ditas obras en estado de médium, mantén o seu traballo en segredo, mostrándoo unicamente a uns poucos elixidos, entre os que se atopou desde 1908, Rudolf Steiner, entón secretario xeral da sección alemá da Sociedade Teosófica e futuro fundador da antroposofía, a quen convida o seu estudo. Este encontro con Steiner, parece que afecta moito a Hilma e a leva a replantearse o seu traballo. De feito, o cambio de enfoque que provocou aquel encontro na espiritualidade da súa arte nos seus cadros  desa etapa, que abordan a espiritualidade e a evolución do ser humano, ten como consecuencia pinturas que están posuídas por unha forte carga cromática, influenciadas polos descubrimentos científicos do seu tempo, e dotadas dun simbolismo moi persoal.
 
 
Evolutionen nº 9. 1908

 
Caos primordial.Serie Wu/roses.1906-1907
 
 
Caos primixenio, Grupo I, nº17.1906-07 

 No ano 1908, para poder coidar mellor da súa nai cega, abandona o seu estudo en Hamngatan, trasladándoo ao inmoble de Brahegatan. Séguelle logo unha pausa de catro anos no seu traballo, ata que en 1915, retoma a produción de “Os cadros para o templo”, traballo que rematou no ano 1915. Baixo a influencia dos espíritos, pinta novas series e grupos, aínda que o seu traballo é significativamente máis independente, en series como “Parsifal” (1916), deudora da abstracción xeométrica, e “Átomo”, do ano 1917.  Será nesa época cando expón os seus cadros naturalistas na “Exposición Báltica de Malmö” (1914), feito importante pois non presenta a súa obra máis persoal, xa que logo Hilma tiña unha especie de dobre vida artística, é dicir, creaba as súas obras oficiais, retratos, paisaxes de estilo oficial e de moda na época, cos que chegou a ser unha pintora recoñecida, e despois as obras que creaba na súa intimidade e coas que agora está a alcanzar un gran recoñecemento.
 
Debuxos automáticos a pastel. 1908
 
 
Grupo X. Altapierces. 1915
 
 
Serie Parsifal, nº 113, Grupo III.1916

 
Serie Parsifal, Grupo I e III.1916
 
 No ano 1920 falece a súa nai, e comeza unha serie de pinturas sobre as grandes relixións do mundo, o que supón a orixe dun intenso período creativo, pois foi unha innovadora radical dun tipo de arte que daba as costas á realidade visible, desenvolvendo desde 1906 unha linguaxe abstracta, tentando  modelar o invisible. Tras abandonar a linguaxe figurativo naturalista, Hilma af Klint parte da base de que existe unha dimensión espiritual na existencia e quere facer visible o contexto que existe máis aló do que o ollo pode ver. Ten a conciencia de que cando pinta mantén un nexo de unión cun coñecemento superior que envia unha mensaxe a través dela, coma se se tratase dunha médium.
SERIE SOBRE AS GRANDES RELIXIÓNS

 
The Mohammedam Standpoint.1920

 
The mahatmas present standing. 1920
 
 
 
As ensinanzas do Budismo. 1920


 

                           

 
 
 
 




 
 

 

 
 


 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario