BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 27 de abril de 2014

HILMA AF KLINT,UNHA CREADORA PARA O FUTURO (Parte III)

 
Retrato de Hilma

Hilma únese no ano 1920 á Sociedade Antroposófica e viaxa a a Dornach, Suíza, onde reencóntrase de novo con Rudolf Steiner. Tras esa primeira viaxe a Dornach interromperá durante máis dun ano a súa produción pictórica e abandonará definitivamente a abstracción xeométrica. Estuda literatura antroposófica e prodúcese nela un cambio de rumbo. Tras o paréntese, dedícase sobre todo representar as dimensións espirituais da natureza a partir de acuarelas.
 Durante o período comprendido entre os anos 1925 e 1930 non existen notas nin cadros, aínda que deixou no seu legado máis de un millar de obras e de 125 cadernos. A súa morte, o 21 de outubro de 1944, tras un accidente, expresa no seu testamento, (sabendo que a súa obra non se entendería e cansa de que as institucións non le prestaran atención as súas obras) o seu desexo ao seu sobriño Erik af klint, de que aquila non se mostre ao público ao menos vinte anos despois da súa morte. Por este motivo a obra de Hilma permaneceu moitos anos no anonimato e segue hoxe en día rodeada polo misterio, debido as prácticas de médium coas que creou parte da súa obra.
 
Svanen. 1914
 
 
The Swan, nº 1.1915
 
  O que resulta máis impactante na obra desta artista é a presenza da “Dúbida”, como elemento presente en toda a súa traxectoria. Hilma escribiu e debuxou nos seus cadernos de notas máis de 25.000 páxinas, enchidas todas cun mesmo obxectivo: a dúbida, o que a convirte non só nunha investigadora, senón nunha artista excepcional. A súa preocupación foi indagar na imaxe, na percepción extrasensorial, que vai máis aló das apariencias visuais ata acadar o coñecemento dunha realidade non material, na busca desa espiritualidade que interpretaba a través das experiencias como médium e nas que a Teosofía estaba moi presente.
 É tamén moi interesante o feito de que Hilma traballara sempre con mulleres, o grupo de “As Cinco”, exemplifica moi ben ese aspecto da súa andaina, quizais porque esa ruta mística somentes podía percorrerse da man daquelas que como ela, estaban limitadas nun tempo en que a importancia da ciencia e do empirismo na arte, relegaba as experiencias dun lado “escuro da vida”. De feito a artista, non pertence a esa xeneoloxía masculina da historia da arte, pois o seu proceso creativo e a súa profundidade estética, marcada por ser muller, está afastado dos canles masculinos e procesuales do seu tempo.
 
The Dove, nº 12.1915

 
Svanen, nº 9. 1915
 
 
Grupo IX, SUW, nº 17. 1915
 
 
Grupo I, nº 61. 1916
 
 A artista traballa en solitario, debuxa e pinta con constancia. Os debuxos de naturalismo botánico ábrenlle as portas do microcosmos. A súa proposta debería verse como unha obra traballada en series complexas e laboriosas. Hilma crea novos alfabetos visuais, explora as iconografías herméticas,  transcribe experiencias extrasensoriales, e nos impresiona con obras de grandes dimensións onde a cor, a liña, as palabras ou os símbolos comparten co espectador as súas indagacións sobre o mundo, o cosmos, os átomos, a materia ou a enerxía. Estas indagacións convirten a Hilme nunha “Creadora para o Fututo”, de feito, o xeito de pintar xunto con outras mulleres define un proceso creativo sempre cambiante e nada académico, atento a unha visión “non material” da vida.
 
Serie II, nº 96.1920

 
Serie VII, nº 7. 1920
 

Co seu traballo Hilma, redefine parámetros de pensamento para explicar a historia da arte innovando, “facendo camiños”, lonxe da historia da arte masculina,  impactando a quen mira a súa obra coas súas propostas que empregan a linguaxe abstracta e simbólica como método de indagar sobre o mundo do seu tempo na busca dunha realidade  liberada e mística.
 
 
Iris Muller, comisaria da exposición no Museo Hamburger Bahnhof de Berlín comenta: “Son cuadros que podrían pertenecer a la época del pop art de los años 60’s. O incluso de los 80’s. No parecen pinturas con más de un siglo.”Para Udo Kittelman  director do Museo:“Son obras increíblemente optimistas. Están llenas de luz y esperanza. Y rara vez se encuentra esto en el arte, y menos en el arte alemán, que a menudo es muy oscuro y pesado. Son obras de esperanza, también para el siglo XXI.”
 
 
 
 
 

 
 


 

 
 
 
 
 

 

 


HILMA AF KLINT,UNHA CREADORA PARA O FUTURO (Parte II)

 
 
Foto de Hilma na súa mocidade
 
 Entre os anos 1896 e 1906, debido á morte da súa irmá, asiste a encontros de espiritismo. Será no ano 1892, estudando na Academia de Belas artes cando coñece a outra artista, chamada Anna Cassel, e xunto a tres amigas máis crean “As cinco”. Este grupo comeza a reunirse e a realizar unha especie de sesións de espiritismo, nas que utilizaban a arte ou os debuxos como medios de expresión e comunicación co máis aló. É interesante suliñar que estas técnicas serán despois utilizadas polos surrealistas como o cadáver exquisito (elas o facían debuxando, no canto de escribir) e os debuxos automáticos.

 
Caos nº 2.1906 

 No ano 1906,  comeza a traballar en “Os cadros para o templo”, que comprenderá diferentes series e grupos de pinturas sobre varios temas. Hilma, quen creou ditas obras en estado de médium, mantén o seu traballo en segredo, mostrándoo unicamente a uns poucos elixidos, entre os que se atopou desde 1908, Rudolf Steiner, entón secretario xeral da sección alemá da Sociedade Teosófica e futuro fundador da antroposofía, a quen convida o seu estudo. Este encontro con Steiner, parece que afecta moito a Hilma e a leva a replantearse o seu traballo. De feito, o cambio de enfoque que provocou aquel encontro na espiritualidade da súa arte nos seus cadros  desa etapa, que abordan a espiritualidade e a evolución do ser humano, ten como consecuencia pinturas que están posuídas por unha forte carga cromática, influenciadas polos descubrimentos científicos do seu tempo, e dotadas dun simbolismo moi persoal.
 
 
Evolutionen nº 9. 1908

 
Caos primordial.Serie Wu/roses.1906-1907
 
 
Caos primixenio, Grupo I, nº17.1906-07 

 No ano 1908, para poder coidar mellor da súa nai cega, abandona o seu estudo en Hamngatan, trasladándoo ao inmoble de Brahegatan. Séguelle logo unha pausa de catro anos no seu traballo, ata que en 1915, retoma a produción de “Os cadros para o templo”, traballo que rematou no ano 1915. Baixo a influencia dos espíritos, pinta novas series e grupos, aínda que o seu traballo é significativamente máis independente, en series como “Parsifal” (1916), deudora da abstracción xeométrica, e “Átomo”, do ano 1917.  Será nesa época cando expón os seus cadros naturalistas na “Exposición Báltica de Malmö” (1914), feito importante pois non presenta a súa obra máis persoal, xa que logo Hilma tiña unha especie de dobre vida artística, é dicir, creaba as súas obras oficiais, retratos, paisaxes de estilo oficial e de moda na época, cos que chegou a ser unha pintora recoñecida, e despois as obras que creaba na súa intimidade e coas que agora está a alcanzar un gran recoñecemento.
 
Debuxos automáticos a pastel. 1908
 
 
Grupo X. Altapierces. 1915
 
 
Serie Parsifal, nº 113, Grupo III.1916

 
Serie Parsifal, Grupo I e III.1916
 
 No ano 1920 falece a súa nai, e comeza unha serie de pinturas sobre as grandes relixións do mundo, o que supón a orixe dun intenso período creativo, pois foi unha innovadora radical dun tipo de arte que daba as costas á realidade visible, desenvolvendo desde 1906 unha linguaxe abstracta, tentando  modelar o invisible. Tras abandonar a linguaxe figurativo naturalista, Hilma af Klint parte da base de que existe unha dimensión espiritual na existencia e quere facer visible o contexto que existe máis aló do que o ollo pode ver. Ten a conciencia de que cando pinta mantén un nexo de unión cun coñecemento superior que envia unha mensaxe a través dela, coma se se tratase dunha médium.
SERIE SOBRE AS GRANDES RELIXIÓNS

 
The Mohammedam Standpoint.1920

 
The mahatmas present standing. 1920
 
 
 
As ensinanzas do Budismo. 1920


 

                           

 
 
 
 




 
 

 

 
 


 


 

domingo, 20 de abril de 2014

HILMA AF KLINT, UNHA CREADORA PARA O FUTURO (Parte I)


Yo no creé  estas obras, soy un medio, no son mi propio trabajo”.
 
Autorretrato
 
 Hilma af Klint (1862-1944) realizou unha proposta estética que non foi descuberta até o ano 1986. Esta artista sueca está a ser considerada por moitos estudiosos como a pioneira da arte abstracto. Isto é algo realmente importante xa que sempre se considerou a Kandinsky o iniciador da devandito arte, mesmo era considerado o seu inventor. Aínda así algunhas historiadoras  da arte consideran que non é un factor determinante para reconsiderar a súa obra, pois Hilma creou as súas pinturas como resultado das súas experiencias esotéricas, a artista entraba en transo e creaba debuxos automáticos segundo ela ditados polo máis aló. Este tipo de debuxos caracterízanse polas súas figuras xeométricas, círculos de cores planas, espirais que nos achegan á súa idea do cosmos, do máis aló.

 
Cadernos de debuxos

 Como moitos artistas da época estivo influída por diferentes correntes espirituais como o espiritismo ou a teosofía, máis a artista deuse conta de que o traslado destas ideas á arte, era algo rompedor, e posiblemente demasiado avanzado para a súa época. Así, realizou un testamento onde deixaba escrito que as súas obras, máis de mil traballos, non poderían ser mostradas ao público até despois de pasados vinte anos da súa morte, xa que só naquel momento poderían empezar a valorarse ou a entenderse.

Paixase, Hilma realizou obras de estilo naturalista ao mesmo tempo que a súa obra abstracta.
 
 Hilma, nace en Solna no ano 1862 (Suecia) e realiza os seus estudos primeiro na Escola Técnica de Estocolmo e despois, entre os anos 1882 e 1887  na Academia de Arte, debido a que en Suecia as mulleres podían ter unha educación artística, algo que estaba prohibido ou mal visto noutros países.
OBRAS REALIZADAS EN TÉMPERA SOBRE PAPEL DE GRANDES DIMENSIÓNS

 
De tio största,nr 6. Mannaáldern. 1907

 
The large figure. 1907
 
 
A Super Jumbo. 1907
 
 
De tio största. 1907
 
 
De tio största, nº 10.Alderdomen . 1907
 
 A finais da décado dos oitenta, a Academia de Arte pon a disposición de Hilma af Klint e dous artistas máis un estudo no número 5 da rúa Hamngatan, na zona de Kungsträdgården, naquel momento o centro artístico de Estocolmo. Alí pinta retratos e paisaxes de estilo naturalista. O estudo atópase xunto ao edificio do Salón de Arte de Theodor Blanch, que en 1894 acolle unha soada exposición de Edvard Munch, cuxas pinturas simbolistas exploran unha realidade máis interior que exterior. Influiría este artista na posterior proposta estética de Hilma?  De feito, nunha das series máis visionaria “As pinturas para o templo”, perfecciona a súa linguaxe abstracta e simbólica como método de prospección sobre a polaridad do mundo moderno e baseándose nas formas como clave de acceso a un lugar onde os saberes e as enerxías fúndense nunha única realidade, liberada e mística, na que explora tamén a súa realidade interior.
 
They tens mainstay IV. 1907. Témpera sobre papel montado sobre lenzo, 321 x 240 cm