BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


martes, 18 de febrero de 2014

ANA MENDIETA (Parte IV)



 Co seu profesor Hans Breder, a artista viaxa a  México, onde a influencia de Octavio Paz está moi presente na sua acción “El Yagul” (1973). Mendieta síntese neste país como en casa debido a coincidencia no idioma e racial, e comeza a traballar directamente n aterra, coa paisaxe, e con elementos da natureza onde deixa pegadas de contornas de corpos de muller que realiza con ramas, flores secas, pedras barro que pouco a pouco vanse convertendo en símbolos. Esta serie denominada “Siluetas” rematará no ano 1981 e nela, Mendieta utilizou unha silueta como representación da presenza do seu corpo ausente a maioría das veces. Existen nestas obras un desexo de representar esta forza eterna feminina omnipresente e unha necesidade de regresar ao útero materno, unha “sede de ser”, como manifestou a mesma autora. Na serie “Arena, mujer” (1983) evoca aos seres primitivos da santería e aos espíritus da terra en imaxes de muller realizadas en area sobre o chan, nunha representación onde existe unha tensión constante entre o vida e a norte, a cultura e a natureza, e onde o corpo e a terra  son unha invocación do feminino.


 
El Yagul (1973)
 
 
 
Serie "Siluetas".

 
Serie "Siluetas"
 
 
Serie "Siluetas" en México.1973-77.


 
Serie "Siluetas".1978
 

 Ao mesmo tempo o traballo de Ana afiliase ao Earth Art, pero un trazo distinguíaa da execución habitual desa tendencia. Polo común, no Earth Art proclámase a materia natural desprazándoa do seu contexto de orixe para jerarquizarla noutro xeito ou introducindo cambios sugerentes no propio medio natural, case sempre en gran escala. É a terra posta en función da vontade do ser humano. En Ana hai unha actitude máis modesta: é o ser humano quen vai cara a terra, quen se integra ao medio natural. Non para violentalo, senón en procura dunha fusión íntima. Mendieta non busca transformar, senón participar.


 
Serie "Siluetas".1976
 


 






No hay comentarios:

Publicar un comentario