BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


sábado, 19 de octubre de 2013

VERMEER DE DELFT (Parte VII)


 A obra de Vermeer divídese en tres etapas claramente diferenciadas: a primeira caracterízase por obras de formato grande e por un tratamento que difire do utilizado posteriormente. O final desta está marcado pola súa fase media de cor e nela utiliza escenas da vida contemporánea, tema no que se recrea a partir de entón. Na etapa central da súa carreira céntrase en escenas serenas e harmoniosas da vida doméstica, cuxa beleza de composición, execución e tratamento da luz, lle converten nun dos mellores pintores de xénero holandés. Estas pinturas caracterízanse polo seu formato pequeno, o predominio de cores agrisadas, azuladas e amarelentas, e por unha aplicación xenerosa da pintura, que varía na súa textura suxerindo un xogo de luz con exquisita vibración. A esta etapa pertence a súa única paisaxe: Vista de Delft (1660 -1661), Mauritshuis, A Haia. Na fase terceira e final, a obra de Vermeer endurécese ao perder a súa maxia anterior, desaparecendo a súa característica naturalidade.
 Parece ser que o seu interese pola óptica o leva a utilizar cámaras escuras, que producen nas súas obras efectos esaxerados de perspectiva así como desenfoques; efectos propios de lentes sen perfeccionar. Entre as súas obras máis importantes, destacan “La palilleira” (1669 - 1670) e “O astrónomo” (1668), ambos os dous no Louvre.


 
 “A tasadora de perlas” pertence a súa segunda etapa e a súa datación e cara á 1664 e como a meirande parte das súas obras é de pequeno formato.Captada nun momento de meditación, unha moza equilibra unha balanza antes de pesar as perlas e o ouro. Unha pintura enmarcada de “O xuizo final” recorta a súa figura.Da mesma forma que no xuicio Cristo pesa al almas, esta muller proba a balanza, estando ela mesma nun equilibrio sereno.
A luz de Deus que pasa a través da ventá ilumina a cara da moza directamente e o espello fronte a ela reflicte a busca do coñecemento en si mesmo,facendo un evidente paralelismo  entre o que ocorre no cadro da parede e a acción da tasadora. Así esta escena convírtese nun bodegón de «vaidade», transmitindo que a futilidade deste mundo é pura vaidade. Vermeer logra así traspoñer os principios da natureza morta ao cadro de interiores e de xénero.
 


Detalle da balanza
 
 Este sutíl significado está suliñada pola refinada composición e a iluminación de Vermeer. A man sostendo a balanza aparece com claridade fronte a o espido muro enxesado, que en realidade e un efecto óptico creado pola man do artista. Tamén na parte de abaixo do marco do cadro sito na parece está un pouco máis alto que a esquerda da muller. Ao mesmo tempo a aparente simplicidade da paleta, formada por cores apagados é enganosa, pois múltiples capas de pintura a partir de transparencia superpóñense com suavidade, destacando uns pequenos puntos de iluminación sobre as bandexas de prata, as xoias, as peles e a toca de satén quea muller leva na cabeza.
 Nesta obra aparecen tamén os rasgos distintivos que definen a obra do holandés:
-O emprego dunha fonte de luz sempre desde o lado esquerdo do cadro, única fonte de luz que redefine a escena.
-Escena de interior, neste caso dunha escena de traballo.
-Protagonismo da muller, que ao mesmo tempo de seren as protagonistas, exercen como donas dun lugar, un “locus” propio, que non pode ser invadido.
-Emprego dun fondo narrativo, neste caso un cadro, que actúa como enlace simbólico do que o artista quere contarnos.
-Pincelada leve, de pasta untuosa e um emprego maxistral das transparências.
-A plasmación dun instante, dun tempo detido.
-Obra pintada desde alguén que mira, de xeito que o suxeito  virtual queda sinalado polos motivos que obstaculizan a súa presenza. Neste caso unha mesa que na parte esquerda da composición cun pano enriba, impídenos achegarnos á moza. Vermeer invítanos a un espazo privado e íntimo, ao que non podemos pasar.


             Luz que  entra pola ventá e pano que cubre a mesa.
 
 Como curiosidade comentar, que  como en outras obras do artista a modelo é un membro da súa familia, neste caso a modelo identificouse como Catharina Vermeer, esposa do pintor, encinta.
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario