BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


jueves, 3 de octubre de 2013

VERMEER DE DELFT (Parte II)

 
 Diana e as súas compañeiras.1655-56
 
 Moitas das aproximadamente trintaecinco pinturas que agora se lle atribúen teñen como escenario a casa que  pintor herdara dos seus pais. Vermeer foi sobre todo o pintor da luz. Nos seus estudios de óptica empregou sen dúbida a cámara escura, o antepasado da moderna cámara fotográfica. Este aparato científico empregaba lentes axustables e espellos para captar a reflexión da luz e proxectar a escena na pantalla da tapa.
 
 
A alcahueta.1656

A súa obra é escasa: trinta e catro cadros de escenas de interior (como A Leiteira) ou retratos (Rapaza con turbante) e dúas paisaxes urbanas (A canella e La vista de Delft). Mesmo o número de pinturas atribuídas a Vermeer varía, debido ás circunstancias nas que morreu este pintor e ao seu posterior esquecemento. Vermeer destacábase na restitución da luz, da textura, da perspectiva (quizais empregaba a cámara escura) e das cores trasparentes. Coidaba a harmonía das cores. Nas súas obras pódese sentir o silencio dos personaxes nalgúns momentos íntimos das súas vidas. Interesouse por todas as capas da sociedade con igual esmero, dende o retrato dunha simple leiteira traballando ás obras nas que amosa o luxo e esplendor dos ricos burgueses da época nas súas espazosas casas, polo tanto a súa pintura nos revela moitos aspectos da vida desta época. Na súa obra pódense atopar connotacións relixiosas e científicas.
 
 
 
A leiteira.1658
  

 
Vista de Delft. ca 1660-61
 

 
                                      

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario