BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 8 de septiembre de 2013

VERMEER DE DELFT (Parte V)

  
 

 
Pequena rúa. 1657-61
 
 Esta obra é unha das escasas obras de paisaxes de Vermeer, artista que sobresae polas súas pinturas de interiores, en obras onde emprega cores terra e ocres, con luces cálidas e tamén cores brillantes como o lapislázuli e o ultramar natural, que  saliéntase polo empregos dos brancos en pinceladas leves e no que o preciosismo nos detalles está moi presente.

 Nestes espazos onde as mulleres aparecen ensimismadas na meirande parte das veces e outras mirando cara o espectador, a iluminación ven da parte esquerda do cadro desde unha ventá. O lugar onde atópanse estes persoaxes, son fondos neutros e narrativos como se se tratase dun escenario e onde a profundidade acádase debido ao artificio da posición dos obxectos, a partir de trazas xeométricas, conformando un universo poético, onde o espectador actúa como unha  sorte de voyeur.
 
 Nas obras que aparecen a continuación na seguinte presentación, están presentes todas estas características.
 

O PINTOR DOS INTERIORES: VERMEER on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario