BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 17 de julio de 2013

BRANCO E NEGRO, proceso creativo dunha exposición. V

 
Grupo de Perfeccionamento II, traballando nos fondos

 
Grupo de Perfeccionamento I coa parte inferior do políptico
 

Na elaboración da peza démoslle unha importancia fundamental ao proceso creativo, e tras mercar os lenzos e o material, comenzou un proceso de reflexión sobre como faríase o prepintado. Decidiuse traballar nun formato grande que achegárase en certa medida ao elexido por Leonardo, pero cambiando non só a técnica: acrílico, óleo e técnica mixta, senón tamen a estética, pois a elexida foi o Expresionismo, un expresionismo afastado da estética renacentista do artista italiano, que achégase máis á tradición nórdica, que en Galicia ten unha forte presenza ao longo da historia da nosa plástica.
                                     Detalle das mans dun grupo de apóstolos


 O formato foi tamén fragmentado en lenzos de 50 x50 cm, o  que posibilitou unha mellor distribución do traballo e resultaba máis operativo para o traballo en grupo. Fixéronse moitos debuxos preparatorios por parte do alumnado, por grupos (pois na elaboración da peza participou o alumnado de Perfeccionamento I e II) e logo dun xeito individual, a partir de fotografías da obra, polo que fixéronse estudios de mans, pés e de cada persoaxe da obra de Leonardo.

Facendo unha copia do natural
 
 
Detalle da man de San Pedro co coitelo


 


No hay comentarios:

Publicar un comentario