BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


martes, 16 de julio de 2013

BRANCO E NEGRO, proceso creativo dunha exposición. IV

Boceto preparatorio en papel contínuo en acrílico
 

O Apropiacionismo  converteuse no recurso preferido dunha serie de artistas  da década dos oitenta como  Sherrie Levine, Louise Lawler, Allan McCollum ou Fred Wilson entre outros. Estes artistas “copiaron” obras doutros autores, pero sen plaxiar a obra, pois imprimíronlle un selo persoal, as veces difícil de captar a primeira vista. Nese aspecto, este concepto invita á intertextualidade cultural, é dicir, ao intercambio de espacios, tempos e conceptos, propiciando a investigación das prácticas estéticas cotiás.  

 
                       Alumnado realizando bocetos, co prepintado da obra ao fondo

 
Diversos bocetos sobre papel contínuo
 
 A obra escollida, tras varios debates, foi a Última cea de Leonardo da Vinci, pola súa forza icónica, e por ser unha obra emblemática na historia da arte, que xa fora revisitada en diversos soportes: fotografía e pintura.

 
Duas alumnas ante un boceto xeral
 




No hay comentarios:

Publicar un comentario