BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


martes, 18 de junio de 2013

GIOVANNA GARZONI (Parte II)


 
Bodegón con caracois
 
 Será en Florencia a cidade onde desenvolve o seu traballo en debuxos, pasteles e témperas, en obras que son unha síntese entre as naturezas mortas e o deseño científico. O ambiente florentino é quizais un dos mais adecuados para o desenvolvemento deste tipo de obras, debido ao interese pola ciencia do Gran duque Fernando II e do seu irmán Leopoldo, quen funda a “Accademia del Cimento”, para financiar a investigación científica.
 
 
 
Bodegón con melón e mosca
 
Algunhas das súas obras son unha sorte de bodegóns, onde aparecen caveiras, nunha sorte de alegoría, a vanitas, que amonestan ao espectador sobre a caducidade dos bens temporais e a brevidade da vida, pero sen a dramática iluminación doutros artistas barrocos como o español Valdés Leal, coñecido polas alegorías Finis gloriae mundi e In ictu oculi(1672). Este tipo de bodegóns chamados Vanitas, e dicir, vaidade é un xénero propio do Barroco, que reflexiona sobre a futilidade do mundo e do coñecemento humano. Neste tipo de representacións aparece unha caveira, que representa á norte, libros, velas e tipo tipo de obxectos, inútiles cando chega a norte, no que o predominio do valeiro en unha boa parte do soporte pictórico, provoca unha sensación case metafísica.
 
 
Caveira e reloxo
 
 De feito, no século XVII, estes bodegóns moralizantes fixéronse moi frecuentes como “Memento mori”, complemento indispensable para a predicación e a devoción en Europa baixo formas e con intencións apenas diferentes no norte e no sur, para o catolicismo e para o protestantismo.
 
 
Caveira froitas e botella
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario