BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


viernes, 10 de mayo de 2013

O BOSQUEXO DO MUNDO no MARCO


 Esta semana o alumnado de Pintura da EMAO, realizou dúas visitas á exposición que o Museo MARCO de Vigo ten na planta baixa: “O bosquexo do Mundo”, comisariada por Alberto González Alegre e Ángel Cerviño.
 A mostra permite a posibilidade dunha visita ao  obradoiro de distintos artistas e creadoras, a partir dun conxunto de útiles e documentos, obras e antecedentes que permiten un chegamento ao proceso creativo. Esta proposta expositiva investiga nos bosquexos, cadernos e libros de artistas, refugallos, obxectos inútiles ou non, que se acumulan nos talleres e que poñen en escena a posibilidade dunha obra que ás veces non é obra aínda e outras si, pero que resulta moi interesante para tentar captar un conxunto de signos que permiten lecturas múltiples.

 Na primeira visita, cun grupo nutrido de alumnado, tivemos a gran sorte de facer un percorrido pola exposición da man de Alberto González Alegre, que mostrounos este proxecto centrado no traballo dos obradoiros de artistas que se deron a coñecer na década dos oitenta, e doutros creadores e creadoras moi novos, e desvelounos ese proceso de creación a partir de materiais en ocasións extrapictóricos.

 
Alberto ante unha das pezas
 

Na segunda visita, o numeroso grupo foi guiado por eses recunchos que son os obradoiros como lugar privilexiado de creación por Ángel Cerviño, que asemade de comisario é tamén artista plástico. Ángel invitou a acompañarnos a un dos  artistas que participan na mostra, Teo Soriano, que falounos da súa obra e do xeito en que entende o traballo no obradoiro.

 
Ángel Cerviño nos recibe na porta do Marco
 
 O alumnado escoitou atentamente as explicacións e comentarios dos comisarios, quenes desvelaron este “bosquexo” ao longo dunha tarde que resultou moi proveitosa.

 Un luxo para nós.



 

 
 
O BOSQUEXO DO MUNDO on PhotoPeach Fotografías María Teresa Romero y Paula Mariño

No hay comentarios:

Publicar un comentario