BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 1 de mayo de 2013

MOSTRA de Fernández RODAL no ESPAZO EMAO



Autorretratos e busto do artista realizado por Camilo Nogueira

O alumnado de Pintura da EMAO, realizou diversas visitas á exposición de Fernández Rodal na sala Espazo EMAO, da Escola de Artes e Oficios de Vigo. A mostra serviu para facer un exame exhaustivo das técnicas de óleo in situ, o que permitiu ao alumnado tras diversas explicacións, coñecer de primeira man a reelaboración dun retrato desde o boceto ata o remate final da obra. Tras as explicacións propuxen un traballo de campo: escoller por parte de cada alumno e alumna a obra que lle parecera máis interesante e facer un comentario persoal sobre o estilo, a pincelada, a cor ou calquera outra reflexión que puideran aportar tras o visionado da obra elexida, para finalmente facer un debuxo do natural dos ollos do retratado que escolleron.


Boceto de rapaza

 O último día tivemos a fortuna de contar coa presenza do comisario da mostra, Xosé Luis Mateo, que nos impartiu unha charla sobre o artista, que resultou moi interesante.

 Fotografías en:
">

No hay comentarios:

Publicar un comentario