BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO
viernes, 17 de mayo de 2013
domingo, 12 de mayo de 2013
MARUJA MALLO (Parte VIII)
VOLTA A ESPAÑA
En canto instáurase
o peronismo en Arxentina, Maruja deixa o país e trasládase a Nova York, para
regresar a España en 1965, tras vinte e cinco anos de exilio. A súa obra é cada
vez máis valorada por galeristas e críticos, especialmente a crítica española
máis nova, que ve nela a encarnación dunha vangarda ocultada polo franquismo.
Tras a morte de Franco chegalle ou recoñecemento total; a súa culminación
podería establecerse na Medalla de Ouro de Belas Artes, non 1982, e na
exposición antolóxica que en 1993 lle dedica, entre unha forte polémica polo
inadecuado do momento, ou Centro Galego de Arte Contemporánea. Para entón Maruja está xa moi enferma. Encamada,
rodeada de postais e recordos, morre ou 6 de febreiro de 1995 na residencia de
anciáns Menéndez Pidal de Madrid.
Grabado en homenaxe á Revista de Occidente
Viaxeiros do éter, anos 80
viernes, 10 de mayo de 2013
O BOSQUEXO DO MUNDO no MARCO
Esta semana o alumnado de Pintura da EMAO,
realizou dúas visitas á exposición que o Museo MARCO de Vigo ten na planta
baixa: “O bosquexo do Mundo”, comisariada por Alberto González Alegre e Ángel
Cerviño.
A
mostra permite a posibilidade dunha visita ao
obradoiro de distintos artistas e creadoras, a partir dun conxunto de
útiles e documentos, obras e antecedentes que permiten un chegamento ao proceso
creativo. Esta proposta expositiva investiga nos bosquexos, cadernos e libros
de artistas, refugallos, obxectos inútiles ou non, que se acumulan nos talleres
e que poñen en escena a posibilidade dunha obra que ás veces non é obra aínda e
outras si, pero que resulta moi interesante para tentar captar un conxunto de
signos que permiten lecturas múltiples.
Na primeira visita, cun grupo nutrido de
alumnado, tivemos a gran sorte de facer un percorrido pola exposición da man de
Alberto González Alegre, que mostrounos este proxecto centrado no traballo dos
obradoiros de artistas que se deron a coñecer na década dos oitenta, e doutros
creadores e creadoras moi novos, e desvelounos ese proceso de creación a partir
de materiais en ocasións extrapictóricos.
Alberto ante unha das pezas
Na segunda visita, o
numeroso grupo foi guiado por eses recunchos que son os obradoiros como lugar
privilexiado de creación por Ángel Cerviño, que asemade de comisario é tamén
artista plástico. Ángel invitou a acompañarnos a un dos artistas que participan na mostra, Teo Soriano,
que falounos da súa obra e do xeito en que entende o traballo no obradoiro.
Ángel Cerviño nos recibe na porta do Marco
O alumnado escoitou atentamente as
explicacións e comentarios dos comisarios, quenes desvelaron este “bosquexo” ao
longo dunha tarde que resultou moi proveitosa.
Un luxo para nós.
lunes, 6 de mayo de 2013
MARUJA MALLO (Parte VII)
Dentro da serie
“Naturezas Vivas” aparecen dúas obra de racimos de uvas, no ano 1944, que
parecen retomar o caderno de apuntos do ano 36 en Galicia, nos que aboceta
redas, arpóns, aparellos, campesiños, canastros e emparrados de uvas, que están
en relación cos debuxos de TRAZADOS ARMÓNICOS, obra en lápiz e papel do ano
1941.
O acio de uvas.1944
No ano 1945 realiza un mural para el cine Los Ángeles de Bós Aires , de armonías
plásticas que recrean elementos naturais.
Na serie de CABEZAS e MÁSCARAS, dos anos 40 e
50, inspírase en cultos afro-americanos. Son obras de máscaras e atletas, retratos bidimensionais, nas que a liña
curva está moi presente e a danza aparece como reflexión. Estes retratos son un
claro precedente da obra de Warhol.
Ouro.1951
Cabeza de negra. 1946
Cabeza de negra. 1946
miércoles, 1 de mayo de 2013
MOSTRA de Fernández RODAL no ESPAZO EMAO
Autorretratos e busto do artista realizado por Camilo Nogueira
O alumnado de Pintura da EMAO, realizou diversas visitas á exposición de Fernández Rodal na sala Espazo EMAO, da Escola de Artes e Oficios de Vigo. A mostra serviu para facer un exame exhaustivo das técnicas de óleo in situ, o que permitiu ao alumnado tras diversas explicacións, coñecer de primeira man a reelaboración dun retrato desde o boceto ata o remate final da obra. Tras as explicacións propuxen un traballo de campo: escoller por parte de cada alumno e alumna a obra que lle parecera máis interesante e facer un comentario persoal sobre o estilo, a pincelada, a cor ou calquera outra reflexión que puideran aportar tras o visionado da obra elexida, para finalmente facer un debuxo do natural dos ollos do retratado que escolleron.
Boceto de rapaza
Suscribirse a:
Entradas (Atom)