Neste fin de semana tiven a sorte grazas ao meu amigo Antón Sobral, de participar nun obradoiro intensivo de poesía impartido pola poetisa Dores Tembras : Atraversados. Nove horas para deternos na poesía galega contemporánea, e nas que falamos sobre o proceso de escritura e as posibles ferramentas a empregar. Prantexáronse as preguntas: Por que escribo? Para quen escribo? Tamén falamos do poder de evocacion dos obxectos, da súa carga emocional e do detonante que pode facer xurdir a poesía.
A verdade e que foi incríble a cantidade de ideas e conceptos que saíron dos exercicios propostos por Dores, para poder trasladar a atmósfera, a pulsión da palabra desde o silencio e para ser quen de levar o noso achegamento á realidade ao papel.
Deixovos unha fotos do obradoiro, porque en verdade, eu, que emprego a escrita como medio de comunación, non teño palabras.
Dores Tembras e dúas das participantes
Dores, escoitando con atención a lectura dunha poesía
A miña proposta no obradoiro:
Veu onda ela
e regaloulle o caderno.
As mans
tocárona levemente cando o entregou.
Parecía baleiro
máis non o estaba.
Palabras
escritas unhas sobre outra
nun idioma inintelixible
acaparaban
as 4 primeiras páxinas.
Ela
encheuno logo con máis palabras
con cores
papeis
e fotos.
Ao final e para rematar escribiu:
AMOR.
No hay comentarios:
Publicar un comentario