BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


viernes, 26 de abril de 2013

MARUJA MALLO (Parte VI)


 En Arxentina recibe un rápido recoñecemento, colabora na famosa revista de vangarda Sur, na que tamén participaba Borges. é unha etapa da súa vida na que se dedica a viaxar, vive entre Uruguai e Buenos Aires, e a deseñar, pintar, en definitiva a crear e crear. Tamén se suceden as exposicións, París, Brasil e Nova York.Do seu paso por Buenos Aires, o Museo do Debuxo e a Ilustración, atesoura na súa colección dúas temperas sobre papel, representando animais metade real e metade fantásticos.
 

                            Fotografía de Maruja en América
 
 Comeza no exilio a súa etapa cósmica, dedicada a recrear a natureza suramericana coa súa serie de Mariñas. A nova vida en América, traslucese en obras nas que a alegría está presente, na serie de NATUREZAS VIVAS, resúmese a súa experiencia no pacífico, traballa como unha recolectora en obxectos entrelazados entre o morto e o vivo, non inventa copia, e xoga coas simetrías en liñas curvas e retratos simétricos de caracolas, flores e plantas, son metamorfoses que aparecen tras a súa inmersión no mar da que emerxe con obxectos maravillosos.
 
 
                                       Natureza viva.1942
 
 
                                        Natureza viva.1943
 
 Nas NATUREZAS VIVAS, as obras parecen o resultado dun libro de apuntes dunha viaxeira, prendada da paradoxa, nas que rescata conchas, coma un exercicio poético, como se necesitara lembrarlas a partir dun exercicio de botánica. Os elementos aparecen na táboa un tras otro, como unha disociación e reorganización da realidade, empreñando os obxectos como o farían os cubistas, creando unha sorte de COLLAGE, a partir da pintura-pintura. Maruja, está reorganizando o seu mundo, traballando a partir do existente, da realidade.
 

                                                         Natureza viva.1943
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario