Maruja no seu estudio en Madrid. 1936
MADRID DE
NOVO
Volta a Madrid no ano 1932 e participa
activamente na Sociedad de Artistas Ibéricos. Por aqueles anos é xa moi
coñecida nos ambentes intelectuais e o goberno francés mércalle un dos seus
cuadros para expoñelo no Museo Nacional de Arte Moderno.
Arquitectura vexetal.1933
A partir dese anos estudia
matemáticas e xeometría e afirma o seu interese pola creación dunha linguaxe
universal baseado nos principio da xeometría que ten relación coa obra e os
principios constructivos de Torres García. A súa serie ARQUITECTURAS MINERALES,
inspiradas en pedras e ARQUITECTURAS VEXETAIS, con froitas, responden a esas
intencións constructivas. Nesta etapa combina o seu traballo como pintura, con
viñetas para a Revista de Occidente e outras revistas, cunha intensa actividade
de compromiso coa República. Exerce tamén como profesora de Debuxo no Institúto
de Arévalo e na Escola de Cerámica de Madrid, para a que deseña unha serie de
platos que destrúense na guerra.
Arquitectura mineral.1933
No ano
1935, en febreiro, ccomeza unha relación co poeta Miguel Hernández na Casa de las Flores de Pablo Neruda,
ainda que xa foran presentados anos
antes por Arturo Serrano Plaja. Xuntos prantexaron e realizaron o drama “Los hijos de la piedra” inspirado nos
sucesos de Casas Viejas e Asturias e
débense a influencia de Maruja Mallo as catro composicións que o poeta escribiu
na obra “El rayo que no cesa” baixo o nome de Imagen de tu huella, así como 18 dos 30 poemas desta obra.
Obra da serie Arquitectura vexetal da década dos anos 30.
No hay comentarios:
Publicar un comentario