En
1915 pode regresar a Berlín para seguir estudando. Nese mesmo ano coñece a
Hausmann, co que vivirá unha tormentosa relación sentimental que durará case
sete anos. Durante todo este tempo, Hannah compaxina os seus estudos artísticos
co seu traballo na editorial Ullstein, para a que realiza bordados e deseños
para vestidos e pasamanería.
DaDandy.1919
Da man de Hausmann entrará en contacto co
círculo dadaísta, que fora impulsado, en 1918, por Richard Huelsenbeck, membro
fundador de Dadá en Suíza, e que, ao seu regreso a Berlín, atopará un chan moi fértil
para sementar o movemento. Pronto comezaron as veladas artísticas e as matinés,
que atoparon un público proclive a
utilizar todas e cada unha das provocativas protestas do dadaísmo.
De feito serán Haussman e Hannah, os que
tras unha viaxe a Gribow no mar Báltico, ao ver unhas postais populares con imaxes
de soldados, as manipularon dun xeito humorístico o quedará paso ao fotomontaxe
como medio de expresión, que será moi empregado por moitos artistas dadaístas e
surrealistas. Hannah, participa no ano
1919, na Antisinfonía de Golyscheff actuando como percusionista, e expuso na
“Primeira Feria Internacional Dadá” na Galería do Dr. Burchard en Berlín, en
1920, na que un maniquí vestido de
soldado colgaba do teito. Para esta exposición Hannah fixo unhas bonecas dadá e unha escultura, hoxe en
día perdida, con teas, arame, anacos de madeira e unha pluma. Unha das súas
preocupacións nese momento, era a presentación dunha “nova muller” na república
de Weimar, e a denuncia da sociedade machista e misóxina, nun grupo onde ela
era a única muller.
Imaginary Bride. 1926
Muy interesante.
ResponderEliminar