Membro activo do dadaísmo berlinés e raíña
do fotomontaje, Hannah Höch defendeu o seu lugar no mundo, predominantemente
masculino, das vangardas, ironizando sobre os tópicos femininos e enxalzando a
esa nova muller alemá que emerxía da Primeira Guerra Mundial.
Nace en novembro de 1889 en Gotha e crece
nun ambiente familiar moi disciplinado. Ao cumprir os 15, nace a súa irmá menor
e vese obrigada a abandonar o liceo feminino para facerse cargo dela ata que
cumprise o seis anos, polo que os seus estudos atrasáronse considerablemente.
Xa tiña 22 anos cando entra a estudar na Escola de Artes e Oficios de
Charlottenburg, e posteriormente no ano 1912 estudia artes gráficas e debuxo
sobre cristal na Escola de Artes e Oficios de Berlín, tendo como mestre a
Harold Bergen.
The beautiful gril. 1920
Concédenlle
unha bolsa para viaxar á exposición gremial de Colonia, onde lle sorprende o
estalido da Primeira Guerra Mundial. No artigo escrito por ela mesma en 1958,
titulado “Unha visión sobre a miña vida”, narra como aquela catástrofe supuxo o
derrubamento da súa propia visión do mundo, pois achégase moito a contenda co
seu traballo de enfermeira da Cruz Bermella.
No hay comentarios:
Publicar un comentario