BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 31 de marzo de 2013

HANNAN HOCK e a FOTOMONTAXE (Parte II)


 En 1915 pode regresar a Berlín para seguir estudando. Nese mesmo ano coñece a Hausmann, co que vivirá unha tormentosa relación sentimental que durará case sete anos. Durante todo este tempo, Hannah compaxina os seus estudos artísticos co seu traballo na editorial Ullstein, para a que realiza bordados e deseños para vestidos e pasamanería.

 

                                                                     DaDandy.1919


Da man de Hausmann entrará en contacto co círculo dadaísta, que fora impulsado, en 1918, por Richard Huelsenbeck, membro fundador de Dadá en Suíza, e que, ao seu regreso a Berlín, atopará un chan moi fértil para sementar o movemento. Pronto comezaron as veladas artísticas e as matinés, que atoparon  un público proclive a utilizar todas e cada unha das provocativas protestas do dadaísmo.

De feito serán Haussman e Hannah, os que tras unha viaxe a Gribow no mar Báltico, ao ver unhas postais populares con imaxes de soldados, as manipularon dun xeito humorístico o quedará paso ao fotomontaxe como medio de expresión, que será moi empregado por moitos artistas dadaístas e surrealistas. Hannah, participa no  ano 1919, na Antisinfonía de Golyscheff  actuando como percusionista, e expuso na “Primeira Feria Internacional Dadá” na Galería do Dr. Burchard en Berlín, en 1920, na que un maniquí vestido  de soldado colgaba do teito. Para esta exposición Hannah fixo  unhas bonecas dadá e unha escultura, hoxe en día perdida, con teas, arame, anacos de madeira e unha pluma. Unha das súas preocupacións nese momento, era a presentación dunha “nova muller” na república de Weimar, e a denuncia da sociedade machista e misóxina, nun grupo onde ela era a única muller.
 

                                                        Imaginary Bride. 1926
 

viernes, 29 de marzo de 2013

TRABALLOS EN PASTEL. Grupo de INICIACIÓN



Algúns dos traballos realizados por parte do alumnado de iniciación da EMAO, coa técnica do pastel.


Se os primeiros traballos do curso consistían nunha copia do natural de distintos bodegóns colocados na aula, estes pasteis diferencianse dos anteriores traballos porque están baseados nun longo proceso de reflexión e de busca, así como de diversos bocetos preparatorios.



 Trátase dun proceso apropiacionista da obra do artista Giorgio Morandi, pois a partir do estudio da súa obra e sobre todo dos seus bodegóns, o alumnado realizó un traballo que tentaba inspirarse no estilo e sobre todo na estética do pintor italiano.


 
Os obxectos a representar, foron escollidos polo alumnado entre unha morea de obxectos pintados anteriormente por Morandi, dándolles o seu propio selo, pero respectando o espírito do artista.
 
 
 
A gama coa que se traballou foi moi reducida, e a colocación dos obxectos así como a mesa e a parede, tenta recoller o estilo morandiano, pois colocaba a estes obxectos cotiás nun raro equilibrio, confundindo sombras e obxectos, polo que estes bodegóns de Morandi, son inconfundibles. 

domingo, 17 de marzo de 2013

TRABALLOS NA AULA

Pezas realizadas polo alumnado de Pintura da EMAO, de perfeccionamento I e II, en acrílico e óleo. O tamaño das obras é de 50 x 50 cm, e forma parte do traballo realizado no segundo trimestre do curso 2012-2013.
TRABALLOS NA AULA. on PhotoPeach

miércoles, 6 de marzo de 2013

FUNDACIÓN LAXEIRO. Mostra "Mesa de Trabajo"


 O pasado 27 de febreiro, unha representación do  alumnado de Pintura da EMAO, fixo  unha visita guiada polo Director da Fundación Laxeiro, Javier Buján, á exposición que atópase na sede da fundación “MESA DE TRABAJO Ensamblaje y collage en Galicia”. Esta mostra, II Edición de  Panorama, que amosa o traballo de artistas galegos con propostas coincidentes, tanto formais, como procesuais ou discursivas, céntrase neste ano en artistas que  traballan co ensamblaxe e o collage, e que chegan a resultados diferentes tanto no emprego de materiais como de linguaxe. A exposición adoita reflexionar sobre distintos aspectos da contemporaneidade: o emprego de materiais de refugallo ou cotiás, como  resposta a situación actual de crise económica e ideolóxica; a expresión dunha estética desnuda, que deixa á vista os materiais nos que as cicatrices do seu pasado están tamén presentes e a mixtura de elementos heteroxéneos que provoca unha lectura transversal das pezas, o que implica unha inertextualidade tanto por parte do artista como por parte do espectador cando contempla a obra.
 

                                                          Ante a peza de Pablo Orza.

 Os quince creadores que participan na mostra, entre os que atópanse Rosa Úbeda, cunha obra de carácter narrativa que indaga nas relación entre os xéneros; Tono Carbajo que móvese en obras que oscilan entre as dúas e as  tres dimensións; Luis Bueno, que racha a bidimensionalidade da pintura clásica introducindo na súa obra as tres dimensións características da escultura; Misha Bies Golas, cunha peza en relación co collage e o poema obxecto onde a ironía está moi presente; María Chenut, Pablo Orza e Rosendo Cid, entre outros, conforman esta “Mesa de Traballo”, con pezas que invitan á reflexión acerca do discurso de cada artista en lecturas diferentes segundo o itinerario que escolla quen se achegue á mostra.
 
 
Javier Buján, explicando unha  das pezas.
 
 
O alumnado e o director, ante a obra de Luis Bueno
 
 
 

domingo, 3 de marzo de 2013

HANNAH HÖCH e a FOTOMONTAXE (Parte I)



 Membro activo do dadaísmo berlinés e raíña do fotomontaje, Hannah Höch defendeu o seu lugar no mundo, predominantemente masculino, das vangardas, ironizando sobre os tópicos femininos e enxalzando a esa nova muller alemá que emerxía da Primeira Guerra Mundial.

Nace en novembro de 1889 en Gotha e crece nun ambiente familiar moi disciplinado. Ao cumprir os 15, nace a súa irmá menor e vese obrigada a abandonar o liceo feminino para facerse cargo dela ata que cumprise o seis anos, polo que os seus estudos atrasáronse considerablemente. Xa tiña 22 anos cando entra a estudar na Escola de Artes e Oficios de Charlottenburg, e posteriormente no ano 1912 estudia artes gráficas e debuxo sobre cristal na Escola de Artes e Oficios de Berlín, tendo como mestre a Harold Bergen.
 
 
 
The beautiful gril. 1920
 
 
 Concédenlle unha bolsa para viaxar á exposición gremial de Colonia, onde lle sorprende o estalido da Primeira Guerra Mundial. No artigo escrito por ela mesma en 1958, titulado “Unha visión sobre a miña vida”, narra como aquela catástrofe supuxo o derrubamento da súa propia visión do mundo, pois achégase moito a contenda co seu traballo de enfermeira da Cruz Bermella.
 

 
                                      Danza Dadá.1922

sábado, 2 de marzo de 2013

CLARA PEETERS (Parte IV)


 
Bodegón con flores.1615
 

 No National Museum of Women in the Arts de Washington atópase a súa obra "Bodegón con peixe e gato". Clara Peeters ten unha especial importancia neste museo, xa que os seus fundadores, Wilhelmina Cole e Wallace F. Holladay, coleccionistas de arte, sentiron o impulso de fomentar a conservación e difusión de obras de artistas mulleres cando quedaron impresionados por unha obra de Clara Peeters situada nunha galería de Viena e uns días máis tarde por outra situada no Museo do Prado. Wilhelmina, quedou abraida ao  comprobar, cando tentou acadar máis datos sobre a artista, que os historiadores da arte non a mencionaban, así como a outras moitas artistas, polo que decidiu en coleccionar e redescubrir a arte das mulleres. O cadro “Natureza Morta con Peixe e Gato” foi adquirido por ela e o seu home e doado ao National Museum of Women in the Art. A base de datos deste museo tamén se chama Clara, en honra a esta pintora.

 
 
Bodegón con ovos e langosta.1617